jueves, 29 de octubre de 2009

Gravity


Certo día, no medio dunha timba, mantivemos unha discusión sobre varios fenómenos que nos tiñan preocupados:
a) Se vas a 180 por hora, por exemplo, e dentro do coche hai unha mosca voando, ¿esa mosca irá tamén a 180? e se frenas de golpe, e sabendo que a mosca non leva cinto, ¿por qué non se espeta unha ostia contra o parabrisas?, ¿é o mismo principio polo cal ti non morrerías se saltases no último momento antes de que se estrellara un ascensor?
b) Sabendo que parece ser que a Terra gira sobre si misma todo o día, e que ti giras con ela a unha velocidad considerable, pero non perceptible, se a Terra parase de pronto,¿Sairías disparado hacia o Universo, xa que non levas cinto ou somos como moscas? é mais, se colleras un helicóptero cun depósito de combustible potente, e te elevaras no aire en determinado punto sen moverte del durante o que tarda a Terra en dar medio giro, ¿Onde aterrizarías? ¿No mismo sitio ou 12 husos horarios mais palá?

Evidentemente, ningún de nós lle prestou atención a estas cuestións, porque cando estás botando unha timba non estás pra outra cousa.

martes, 27 de octubre de 2009

Pagar por soñar




Sempre me gustou o cine, bueno, as películas.
Supoño que porque saes un pouco da túa vida, méteste na dos outros,
e podes soñar durante un espacio de tempo considerable.

Non sei cómo, pero un día se mais, jodeuseme o choio.
De repente non era capaz de mirar unha película sen preguntarme cánto cobrarían eses fulanos, xustiño no medio dunha escena dramática ou de tensión, atopábame pensando na nómina dos actores e comparándoa coa miña.
E xa non tiña forma de parar de pensar niso.
Empecen a mirar so pelis antiguas, en blanco e negro, quería comprobar se era capaz de concentrarme millor sabendo que aqueles actores xa non cobraban nada e que estaban a dous metros baixo terra, polo menos niso eu tiña ventaxa, supostamente.

"O millor inda queda algún vivo"-calibraba eu, e cada vez miraba películas mais vellas.
Isto empezou a extenderse, cando escoitaba música, lía un libro, miraba un partido, etc,
Tiven que paralo porque eu necesito soñar e no mundo diario non hai muita facilidade pra iso.

Así que en vez de pensar nas dichosas nóminas, decidín por os soños no mais alto da lista.
Custoume un pouco enganarme de novo, pero non hai cartos que o pagen chacha.

jueves, 15 de octubre de 2009

Circulando


Vindo po choyo no coche, escoitei un anuncio da DGT que decía:
"1 de cada 4 nenos que morren en accidente de tráfico non levaba o cinto de seguridad posto"
Con este dato supoño que os outros 3 nenos si o levaban.
A conclusión é que parece ser que resulta mais letal levar cinto.

Se realmente analizásemos os anuncios en xeral e concretamente os da DGT, poderíamos decir que:
  • morre mais xente co cinto posto
  • morre mais xente que non se droga
  • morre mais xente sobria
  • etc
Resumindo, sería millor que cos cartos que nos rouban nas multas, arranxasen estas carreteras que temos que son de pánico, sen señalizar, sen pintar, cheas de escorzos imposibles, e que non fajan mais anuncios perturbadores

miércoles, 7 de octubre de 2009

Pasivo agresivo


As veces penso no xeito no que nos manexan.

Por exemplo, co apagón analóxico, polo visto se non tes un tdt non mira-la tele, ¿e qué?,
Inda que a todos nos guste mirar as cousas que saen pola pantalla, teríamos que ser mais finos, tipo xogo do truco, e facer de conta que nos importa un carallo quedar sen tele, e que ningún de nós comprase o puto tdt
¿Quén sairía perdendo mais, eles, os donos das cadeas e das multinacionais, ou nós?

Se o pensas un pouco, seguro que hasta nos regalarían o aparato pra que seguiramos enganchados.

E así con practicamente todo.

"Muitas veces non facendo nada, faríase muito"-dixo Confucio, seica.