jueves, 25 de noviembre de 2010

A dona do Sol


Eu conozo o dono do Universo,un bar ó que ía antes de entrar na clase, pero hoxe pola mañán escuitei unha noticia cojonuda, unha gicha de Salvaterra convertiuse ante notario na dona do Sol.

Ángeles Durán, así se chama esta fenómena, dixo que hai un convenio internacional polo cal ningún país pode facerse dono dos planetas, pero que en ningures se di nada das personas así que, como xa hai un fulano americano que se apropiou da maioría dos planetas e da luna, pero como non consta ca ó Sol lle saira dono en toda a historia da humanidade, colleu ela e dixo, ¡chacha, esta é a miña! e foise ó notario a Porriño, sito na urbanización Sol, e dalí saiu co Sol no peto.

Di que se lle da a gana pode cobrar un canon a quen use energía solar, que pra iso é a dona do Sol e que xa llo fixo saber ó Ministerio de Industria.
Isto foi o que se dixo na Voz de Galicia:

"«Si se paga por los ríos, ¿por qué por esto no?». Sea cierto o no, asegura que daría el 50% de los ingresos a los Presupuestos Generales del Estado, el 20% para las pensiones mínimas, un 10% para investigación y sanidad y otro 10% para erradicar el hambre. Quedaría un 10% para su bolsillo. Le faltaría acudir al Registro de la Propiedad para anotarse como propietaria del Sol, pero claro, el registro español no tiene competencias sobre el sistema solar."

Perfecto, penso eu, e de paso así xa temos unha responsable das insolacións, das manchas que nos saen de tomar o Sol, do cancer de pel,etc a quen reclamar por danos e prejuicios.

¡Xa que é a dona, que o prenda!

viernes, 5 de noviembre de 2010

Sin sentido




Estaba eu o outro día a fumejar en Sandomedio, mirando o ceo de noite e de repente dinme de conta de onde estamos metidos, non é exactamente "darse de conta" se non ser consciente unha vez maís, o caso, pensar na inmensidade do Puto Universo provocoume un ataque de pánico.

¿Qué carallo estou a facer aquí?-pregunteime mentras me saía o fumo polo naris.

Todo perdeu o sentido, de pronto pensar en nós parecíame rídiculo, andar a dar voltas polo planeta sen ton nin son, perder o tempo en madrugar, traballar, correr daquí pra alá, pensei na Terra, en que 1 día vai ir tomar polo cú con todo o que hai nela, e pareceume que eu xa estivera aquí, pero que estaba agora mismo vivindo unha regresión e estaba de visita nun planeta que realmente xa non existía.

Outra calada.

É maís, pensei se habería extraterrestres que se grabaran a sí mismos representando unha historia e que logo outros coma eles pagarían por mirar esas grabacións, coma as películas (xa non me parei a pensar nas porno porque viraría o sentido redondo).

Pensei se os extraterrestres operarían as tetas ou o naris, supondo que os tiveran.

Pareceume un misterio espetar señales de tráfico nun planeta do Universo considerando que andamos á intemperie dos elementos.

Todo, desde o home do tempo hasta a Champions, parecíanme maniobras de distracción para non pensar na nosa existencia.
Empecei a vivir no caos. (Iso pásame por non ter eu ningún tipo de fe espiritual á que agarrarme)


Sin embargo teño varios templos onde meditar sobre este tipo de cousas e cómo estaba perdendo a cordura unha vez maís, decidín deixa-lo prado por un tempo e ir pra Tenda de Paco das Santas a mandarlle un botellín
que, dentro do caos, inda ten algún sentido.