martes, 21 de diciembre de 2010

O soño





Baixabamos polo monte, cargados coa leña os tres, miña abuela, que levaba unha raíz enteira, meu abuelo e mais eu.
Pareceume raro ca miña abuela tivera o pelo larjo porque sempre o levaba corto como se estivera a facer a mili continuamente.
O día estaba envolto na néboa e eu levaba a zamarra de caza do meu abuelo Santiajo.
Quedara cejo dun ollo e foi precisamente cazando que se deu conta deste simpático detalle:

Unha noite de tronos e chispas, estaba eu na cama coa túa abuela, era o que había, nisto vai e caime unha chispa no medio du ollo que baixara pola pera da lus.
Saíame o fumo polas orellas e a túa abuela pensou que estaba morto, pero ¡ka!
Viroume o sentido redondo e disque lle pedía os pitillos, que mos dera que os tiña metidos contra o cú, ¡que iba ter se estaba dernudo total!
O sijiente día marchei cazar co Barreiras ó Coto do Crasto, mandámoslle augardente de herbas pola mañá cedo,a enredar,e marchamos tan campantes a apañar cuellos


Recordaba ben ó Barreiras,era o matador do barrio e tamén che puña as indicións, a min facíame o sejundo, pero podía xa podía vir polo primeiro tamén que o medo tíñallo ijual.

Alá íamos el e mais eu, de leria. Votabamos días as veces polo monte e as nosas mulleres tiñan a ilusión de ter quedado viudas.Pandorcas.

O Barreiras traía con el un can de perdices que nin a virjen, chamábase Chusco, raza palleira, que xa poden dicir o que queiran, pero éche a mellor raza de can que pode haber.
O Chusco quedou quietiño o pe dun piñeiro, co fuciño apuntando para unha toxeira.
O Barreiras e mais eu acercámonos a modo e eu mirei un coello espléndido acochado no medio do toxo.
Inmediatamente collín a escopeta e apunteille o coello e chisquei un ollo,¡ostia divina!, fíxose de noite o instante.




-¿Qué che pasou Santiago que non lle tiraches o coello?-preguntoume o Barreiras.
-¡Cajo en dios eu estou cejo de todo!
-¡Vota cona!
-Ti queres ver que o carallo da chispa jodeume o ollo.
-¡Pois chisca o outro!




Estábamos chegando a unhas pedras tipo cueva e decidimos parar un pouquiño alí antes de seguir ata o eido coa leña.
Pousámola a modo pra que non se desfixera o feixe e meu abuelo quedou mirando pra min.
Entón achegouse e deume un abrazo.

-¡Cánto tempo sen verte!-díxenlle.

Espertei cun sorriso na cara e sentín unha lájrima a rolar do meu ollo chosco.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

De mi capa 1 sayo


De mi capa un sayo
eso voy a hacer
y de mi sayo un poncho
¡Qué digo 1,
cien!

y del poncho
voy a sacar
mil pares de pantufas
y un bogavante
¡que no se diga que no celebro las fiestas!

Si no le importa,
yo preferiría
un par de huevos
y unas patatas fritas...

¡Maldito condenado!
¡Adelante!

¡Pantufas para todos
y todos para 1!