-¿Ti xa fodeches?-prejunteille a miña irmán Dita de repente.
-Eu no, ¿ti?
-Tampouco
-¿E ti?-prejunteille a Tina
-Eu tampouco.
-¿Que andades a ladrar?-salpicou Chita que tiña a cama o lado da nosa.
-Nada.
-¿Cómo nada?, aljo andades a confesar e sejuro quie de sexo, buenooo.
-¿Quen fala de sexo?-oubeou Mingos que tiña un oído fino que nin a virgen
e iso que lle tocaba durmir contra o fondo de todo.
-A cona-dixen xa endinada-aquí non se pode ter intimidad nin ostias.
-¡A ver! ¿quen fodeu aqui?-jritou a Chita a pleno plumón.
-Eu-dixo Mingos.
-As peras non contan Mingos.
Silencio.
-¿Bueno que? hai que compartir información cos irmáns que lojo quedamos mal pola vosa culpa.
-¿Quen vai querer pinar contijo Chita? primeiro hai que atarte a un poste.
-Tade calados ostia que ando nella.
-¿Iso como será?-prejuntou Iluminada pasando de todo-¿Tes que te abrir toda a escachar e ven o fulano a metercha? a min iso non me colle na cabeza.
-Home, na cabeza non é precisamente-dixo Chiño.
-Home xa o sei, que pensades que non miro pas cabras co castrón.
-Pero é que non me cadra-dixo Tina-eu non me creo que a xente faja iso,
e lojo danche os buenor días coma quen que no.
-¿Pero que ten que ver os buenor días pra foder?-prejuntou Tonio
-Home, non sei, aljo ten que se notar, non podes ir lojo por ahí coma or mais.
-Ostia, ¿entón ti que pensas, que lojo cambiache a cara ou medrache o pelo?
-Vamos a ver-dixo Chita-que fale aljén que xa pinara, así é un sindiós,
se non aquí cheja o día e facémolo ridículo co cu ó aire.
-Cuidao que polo cu tamén seica é-isto basculouno Mari que rara ves falaba
e case sempre era pra que caláramos pra durmir.
-¿Qué ostia dis?-saltou da cama Tina-¿Cómo vai ser polo cu?
-Disque, eu oíno, sexo anual.
Alá polo fondo rían coma parvos. Tina continuou:
-¡Pero iso jamás da vida pode ser así, jamás! ¿ou é que ti nunca meteche un supositorio?
-Metín.
-Ah, ¿e qué? ajora compara e dime ti se iso ten siquiera un fundamento. É unha risa.
-O cu a beira da pisa-dixo Mingos
-Eu xa non vou poder durmir-Tina non tiña sosejo-no meu cu non toca nin dios.
Boísimo !.
ResponderEliminarCanto terá de certo ?.
Esto non é um conto!si este faiado falará!
ResponderEliminarCerto coma teño de morrer
ResponderEliminarAnónimo, que fale, que fale.
ResponderEliminareu falo, que estou loca de sodade de tiiii!!!!
ResponderEliminarsaudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade
ResponderEliminarsaudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade saudade