viernes, 18 de junio de 2010
Volare
Miña nai sempre tivo unhas máns grandísimas, coma ourellas de elefante, todo nela é grande.
Por exemplo, decía que se algún día ó cura lle fallase o púlpito, podería colocar as sagradas escrituras no seu peito que a Biblia non ian cair o chan.
Tamén decía que se algún cura se atrevese a facer tal cousa, enterraríalle os dentes na garganta.
Así de grande é a miña nai.
Pero vamos as máns.
Cando eu era pequena, recordo que no pasillo que separaba a cociña de lareira da sala onde dormíamos todos,
había un cadro colgado.
Por muito que mirara pra riba, non era capás de ver que había alí dibuxado.
Hasta un día glorioso.
Non sei que mal faría eu, calquer cousa, pero estando na cociña, tería eu catro anos, recibín tal lambisque das poderosas máns da miña nai, que literalmente, voei da cociña á sala, pasando a media altura polo pasillo.
Entón, vislumbrei ilusionada o dibuxo do cadro que nunca fora capás de ver.
¡Era Topoyiyo nun coche descapotable!
Quedamos un tris mirando un pro outro, aquelas orellas, os dentiños, ¡soríame Topoyiyo!.
Imaxinei que marchaba con el no descapotable a rillar queixo por aí adiante.
¡Foi unha Epifanía, unha aparición, unha gloria!
Aterricei na sala, de quilla, cunha sonrisa que me dura hasta hoxe.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
volare..... uoóóóhhh... cantare.... (faltouche a b.s.o.)
ResponderEliminarJejejejej
ResponderEliminarA banda sonora quedoune nas orellas do soplamocos que me mandou miña nai