martes, 16 de octubre de 2012

A pandereta


O outro día recordei un suceso que precipitei eu
estando en 4º de E.G.B.
Si.
É ese curso no que todavía andabas en mandilón, pero xa tiñas compañeiras que puñan sujetador.
En 4º soltas unha persona no medio de tripi e non se dan conta.

Eu sempre fun de raza tímida a mais non poder, cada vez que me sacaban á pizarra facíaseme un nudo no estómago, sufría, quedaba sen respiración e tiña varios ataques seguidos ó corazón, en fin, resumindo, non me gustaba un carallo estar diante da xente como se fora un tiro ó pichón, por iso o que fixen en 4º non ten pés nin cabeza pra min.
Fun víctima dalgún tipo de posesión.


O caso, unha tarde levaba eu unha pandereta na mochila, que carallo facía alí aquela pandereta inda non o sei hoxe, pero alí estaba, e deume por coller e levantarme do meu sitio sin que ninguén mo mandara previamente e achejenme a profesora.

-Señorita-díxenlle-eu teñoche 1 pandereta.
-Ah muy bien, me parece muy bien.-Ela érache de Pamplona.

Houbo aquí un silencio.
Como miraba que non daba arrancado, insistinlle.

-Pero mire que a teño aquí, na miña mochila, se quere podo tocarlle 1 peza a enredar.

Miroume como quen mira un sabañón.

Sen esperar resposta, non fora a ser que se me enfriara, saqueime de pandereta e empecei a darlle diante de toda a clase, de ves en cando mollaba un pouco os dedos, como lle mirara facer á miña abuela, e veña, zumba pra diante.

De repente 2 chavalas de Fornelos, que tiñan sempre uns coloretes bastante sospechosos, saíron á pizarra e mandáronlle un punto alí de tacón, e outra rapaza de Rubiós, famosa por vir sempre en pantufas, espetoulle unha cantija de quilla que nin que fora ensaiado.

Nisto, apareceron as de 5º, que estaban porta con porta con nós, e escuitaron o barullo.

Ala vai, aquilo era un batifundo que nin dios, sacáronse unha bolsa de castañas, xa unhas a cabalo das outras, furando polo medio dos pupitres, eu que sei, unha orgía escolar e eu seguía alí dándolle a pandereta con toda a alma.

As profesoras quedaron a abanicar arrimadas á porta, (a outra era de Valencia), supoño que consideraban 1 vía de escape segura e non me extraña considerando que asistían a unha ida de olla colectiva en mandilón.