jueves, 24 de noviembre de 2016

Hereje

Era domingo.
Isto quería decir que meu abuelo collía a palangana,
raspaba a barba da semana,
frejaba a cara lojo cun salpicazo de ajuardiente e pista.
Xa estaba jicho pra dalo borde.

Pero non.

Ese domingo tiña outros plans desarrollados.
Eu xa o ventaba cirmando pola semana, que case non se dera ó funil como era habitual.
Díxome así tan pronto o mirei sair bodeja fora:

-Mijiña, voume cajar en dios e na virgen, e voume cajar na cona que me botou.

Entendinllo perfectamente porque levaba postos os dentes postizos.

A renjlón sejido enjanchou a escaleira de matar o porco.
Enfiou po portal da nosa casa, que tiña unha crus espetada,
xa que polo visto, vivira un cura aquí a priori.

Meu abuelo non podía velos diante, miña abuela era fan.

Eu marchei atrás del, justábame ir con el os choios e ademais tiña iniciativa.

-Asujétame a escaleira que xa estou hasta os putisimos juevos-cuspiume de quilla.

Subiu o alto do portal e enjanchouse a crus.
Empezou a abanicala, dáballe vano coma quen quere arrincar unha muela.

O primeiro facíalle a pera a crus, lojo xa parecía que a iba virando,
abanaba un zijallo e tal.

A min pareceume un joby coma outro calquera, coma ir o chilaba por ejemplo.

Nisto apareceu miña abuela que inda tardou un chiquiño e darse conta da situación.

-¡Santiajo! ¿Que estás a facerlle a crus?, baixa pra baixo, non fajalo parvo anda.

Meu abuelo calado, a beillar coa crus, aquilo projresaba.

-¡Ai dior mio, que casa derjraciada a nosa!-Botaba as mans a cabeza, eu inda sujetaba a escaleira, por inercia-canta miseria pra este eido, ¡Santiajo, mira que dios está enriba!

Foi decir iso, en plan Escarlata Ojara co navicol na man e trau, volaivai Santiajo e a crus portal ebaixo.
Cairon tan ben, que chejaron o chan a un tempo.
Con muita elejancia meu abuelo abriu a cabeza contra a puta crus, aquilo foi mui simbólico.
Unha catarsis casi.

A miña abuela deixou de laiarse, cruzou os brazos poriba do mandil e díxolle:

-Tache ben, por hereje.

E marchou botarlle unha acha a lareira.








No hay comentarios:

Publicar un comentario