domingo, 10 de julio de 2016

Heineken

Acababa de deixalo a moza, e viña cunha turca que nin cristo.
Chejou no coche do Pelico.
Antes de parar xa se zampou a rebolos porta fora coma un can.
Oubeaba.


-Non fajo nada del-dixo o Pelico que tamén viña pra dar unha extremaunción.
-Joder, deulle forte desta volta.
-¿Forte? isto non é nada

Tan pronto considerou que xa se enfoscara sufi,
erjeuse e entrou pola porta pra dentro directo po baño.

-¡Ostia en dios! Non irá facer unha parvada, ¿hai navallas ahí dentro?
-A motoserra de cortalas uñas sólo.
-Bo, irá jomitar como lle corresponde.
-A cona, xa sabedes como é nestes casos que pode facer calquer cousa.

Era certo, doutra volta que tamén tivera un desenjano, chamáranos ó movil
e comunicounos que daljún xeito inexplicable se atopaba coa cabeza dentro dun contenedor
e que non había xeito de saír dalí, que por favor chamáramos a juardia civil.
Recorremos todo-los contenedores do Condado ata que o topamos decoljado dun.

-¿Pero como ostia fixo pra mete-la cabeza ahí?
-¿Eses non son os do cartón?
-Debeuse enjanar cando tirou o pitillo.

Puxamos por el, pero nejábase que seica que lle ibamos joder as jafas.
Tivemos que coller a navalla de enxertar e ampliarlle o buraco.
Cando por fin o sacamos non lle miramos as jafas por ninjún lado.

-Joder, ta tardando muito ahí dentro
-Tará a cajar-dixo o Nemesio que nestes casos era unha balsa de aceite.

Cando xa ibamos bota-la porta abaixo, apareceu todo serio.

-¿Qué tal me queda?-prejuntounos.

Ó principio non caíamos da burra, entón fijámonos que tiña outro aspecto.

-¡Ai mecajondios! ¿pero ti que ostia te fixeches?-O Pelico tronzaba
-Afeiteime.

Efectivamente, rapouse a barba e deixouse un bijote destes que che chejan as mandibulas.

-Dios que te fixo, pareces un gay polaco-espetou o Nemesio.
-Ostia, xa che dijo, e coa chupa de pitrinas que levas eu non te collo a dedo.
-Teleclu-foi o único que acertou a decir.

Nós sabíamos porque.
Cada ves que tiña problemas de saias, alá iba a seducir a Nita,
ela era coma unha esfinje, sempre tiña a misma expresión,
daba ijual que lle falaras de por o codo a remollo que de darlle polo cú,
e iso púñanos muito, que sempre tabamos a ver que lle podíamos soltar pra perturbala.

Entramos xa pa barra todos atrás del, sentouse elejantemente
metras non deixaba de pasala man polo bijote.
Nita mirabao sen pestenexar casi.

-Buenas noches-dixo a quinta ves que refrejaba aqueles peleiros estrambóticos-¿Qué toman neste pueblo os gays polacos?

Silencio.
Miraban un po outro sen mediar palabra hasta que Nita dixo sin dudar:

-Heineken.








No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada