lunes, 31 de enero de 2011
martes, 25 de enero de 2011
A este coche vanlle facer mais fotos ca Claudia Schiffer
Pois si, vai 1 tranquilamente pola puta autovía, 1 jloria de autovía por certo, felicidades ós ingenieros e toupeiras que fixeron posible este milajro de trazados innovadores e curvas adiantadas ó seu tempo, si señor moi bien.
(O tramo de Puxeiros xa é pra votarlle de comer aparte)
Vai 1, decia eu, maniobrando pro choyo 1 día calquera, inocentemente, e de repente, 1 flash, ala vai o que che queda do sueldo a tumá polo cu.
E xa van mais de 2 veces, que coma siga subindo o jasoil vou ter que pedir un crédito pras multas da DGT.
E dijo eu que que carallo fan cos cartiños que recaudan da xente coma min, porque nin pintan a merda de carretera, nin remendan os putos baches, nin ostias, que teño eu pasadoas putas pra mirar por onde vou nas noites de chuvia e sin probar jota oyes!
martes, 18 de enero de 2011
miércoles, 12 de enero de 2011
A derradeira tregua
Sucedeu en Bélxica no ano 1914, na víspera do natal durante a I Guerra Mundial.
O exército británico mandara un comunicado a todas as súas tropas:
"É posible que o enemigo realice algún ataque durante o Natal ou o Ano Novo. Manter especial vixilancia durante este tempo"
Ingleses e alemáns, coas trincheiras pegadas, batían o cobre a reo no campo de batalla xiado, escuro e sembrado de cadáveres dun e doutro bando, pero a rente da media noite sucedeu algo que cambiaría o panorama.
Un alto mando alemán tivera a ocurrencia de mandar un feixe de arboliños de natal ós seus soldados pra que non votaran tanto de menos o seu fogar, e ahí pola media noite os alemáns comenzaron a espetar eses arboliños adornados con velas ó longo das trincheiras.
Uns ós outros, os soldados alemáns, deseábanse feliz natal a grito pelado.
Os ingleses asistían a este espectáculo coa boca aberta e coa mosca detrás da ourella.
Entón un soldado alemán cun par de juevos aproximouse ós ingleses portando en alto un deses piñeiros.
Os soldados ingleses deixaron de disparar.
Os alemáns arrancáronse a entonar unha canción típica de natal "Stille Nacht, heilige Nacht..." que se escuitou por todo o campo de batalla, os ingleses apaludiron entón e responderon coas súas propias cancións"The First Noel, the angel did say …" , e os alemáns contestaron con outra, e así en lugar de con balas atacaban dun e doutro lado con cánticos navideños no medio dunha guerra.
Todos cantaban agarrados ós seus fusiles, por si ascaso, un bando decía:"Ven a escuitarnos" e o outro respondía:"Non, ven ti primeiro"
Os alemáns berraron entón:"¡Veña ingleses, atopámosnos no medio!"
Pronto achegáronse alemáns e ingleses ata terra de ninguén, querían conocerse, mirar á cara a eses monstruos que eran os "enemigos" e que cantaban cancións coma eles.
Saudáronse primeiro tímidamente, lojo xa con emoción e sorpresa, ¿cómo era posible estar a darlle a man a unha persoa a que fai media hora querían matar?
¿Ou darlle un abrazo o teu posible asesino?
Os alemáns dixéronlles que xa estaban ata os putisimos juevos da guerra e decidiron non disparar mais, os ingleses estiveron dacordo.
Un dos soldados ingleses Alfred Anderson, o derradeiro supervivinte desta tregua que morreu con 109 anos, contábao asÍ:
"Achegámonos uns ós outros, vimos que eran coma nós, non sei porque chegamos a pensar que non o eran. Intercambiamos regalos, o que tiñamos, tabaco, whisky, botóns, chocolate, algúns derónse as súas direccións. Os escoceses tocaban a gaita e os alemáns beillaban. Acordamos enterrar os nosos mortos xuntos e así o fixemos. Incluso organizamos un partido de futbol, chegou un escocés cun balón e puxemos as gorras pra delimitar as porterías, creo que gañaron os alemáns 3-2, pero iso era o de menos."
Cando os mandos superiores, que estaban a kilómetros dalí, se enteraron de que os seus soldados en vez de pilixar andaban de festa, amenazáronos con acusalos de traición e coa pena de morte e desde os seus cómodos sillóns ordenaron ataques sobre eles de xeito inmediato e movilizaron os regimientos pra alonxalos dos "amigos", non fora a ser cos traidores pensaran por eles mismos e se decataran por fin do absurda que era a guerra.
A tregua acabou tal como conta o capitán Stockwell dos Royal Welsh Fusiliers:
"Facía muito frío. Ás 8.30 da mañán, disparei tres tiros ó aire e saquei unha bandeira que levaba escrito "Feliz Natal", saltei do parapeto. O capitán alemán sacou unha camisa onde estaba escrito "Gracias" e saltou fora do parapeto, saudámonos respectivamente e saltamos dentro das nosas trincheiras, entón él disparou dous tiros ó aire e a guerra continuou..."
martes, 4 de enero de 2011
If
IF.....
________________________________________
IF you can keep your head when all about you
Are losing theirs and blaming it on you,
If you can trust yourself when all men doubt you,
But make allowance for their doubting too;
If you can wait and not be tired by waiting,
Or being lied about, don't deal in lies,
Or being hated, don't give way to hating,
And yet don't look too good, nor talk too wise:
If you can dream - and not make dreams your master;
If you can think - and not make thoughts your aim;
If you can meet with Triumph and Disaster
And treat those two impostors just the same;
If you can bear to hear the truth you've spoken
Twisted by knaves to make a trap for fools,
Or watch the things you gave your life to, broken,
And stoop and build 'em up with worn-out tools:
If you can make one heap of all your winnings
And risk it on one turn of pitch-and-toss,
And lose, and start again at your beginnings
And never breathe a word about your loss;
If you can force your heart and nerve and sinew
To serve your turn long after they are gone,
And so hold on when there is nothing in you
Except the Will which says to them: 'Hold on!'
If you can talk with crowds and keep your virtue,
' Or walk with Kings - nor lose the common touch,
if neither foes nor loving friends can hurt you,
If all men count with you, but none too much;
If you can fill the unforgiving minute
With sixty seconds' worth of distance run,
Yours is the Earth and everything that's in it,
And - which is more - you'll be a Man, my son!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)