martes, 22 de febrero de 2011

Manada de lobos





Miña nai votou preñada boa parte da súa vida e como consecuencia disto tivo unha camada bastante variada e abundante de criaturas.
Por suposto, meu pai contribuíu.

Somos un feixe de irmáns e lembro que me dicían,a xeito de explicación, que daquela non había televisión e eu sempre pensei que bendita a hora na que entrou a televisión na casa porque senón ibamos a empezar a saír polo tellado coma ratas.

Polas mañáns eramos tantos na cociña que tiñamos que rillar por turnos,parecíamos formigas no vran, se te descoidabas quedabas sen leite, sen galletas e sen sentido.

-¡Mari, tíralle unha cuchera a túa irmán!
-Xa non quedan limpas, que revolva coa de Maite.
-Maite ´ta a lambela, dille a Fonsi que cando remate coa dela que ma pase.
-¡Fon!
-Xa oín, pero mira que a miña xa é de seghunda man, eu revolvín co cu.
-¡Eu non sei qué carallo facedes coas cucherillas, parece que as comedes!-ruxía Madre.
-Xa non queda azucre.
-Rillouno a abuela.
-¡Vótalle mel!
-A mel non me ghusta
-¡Pois vótalle merda- solucionaba a nosa nai- acabádeslle coa fighura a calquera!
-¿Quen colleu o Cola-cao?
-Creo que foi Mingos.
-¿E qué está a facer con el, teno escondido ou que?
-Si, aquí antraspernas.
-¡Porco!
-Tonio, bébelle iso que che queda no cu da cunca e empréstama.
-¿Xa non quedan tazas tampouco?
-¡Qué casa mais desghraciada esta!-Dicía Madre- Vai ser millor ir a xunto do teu abuelo e que che dea un cunco do ghando.

Cada vez que ibamos á tenda, varios de nós levabamos outros tantos cápachos e un carretillo, A señora Rosa, que inda pesaba por libras, tiña que fiarnos as veces e a lista das nosas deudas colgaba da estantería dos pitillos como se fosemos a peña dunha quiniela.

De cando en ves, e se estabamos mui apurados, a miña irmán Tiña roubaba os juevos dos veciños e tamén visitáballe os frutais, á nosa abuela non llo dicíamos porque tiña uns valores morais moi altos e rectos que ningún de nós herdou.

-Unha persona ten que ser limpa e honrada- sempre dicía ela cun dedo apuntando ó ceo- porque Dios está enriba.

No que respecta a honradez facíamos o que podíamos, o que non era muito, e no tema da limpeza tiñamos un tren de vida bastante livián.

O noso retrete consistía nun galpón onde había catro táboas e un buraco feito no medio tapado cunha tampa de madeira, cuidao, cadraba perfecto.

Gastamos aquel buraco a base de bien, e pasamos polo cu unha cantidade inverosímil de noticias do Faro, a min personalmente gustábame limpalo coa sección de ofertas de choio, Mingos prefería a de contactos.

Estercábamos as nosas propias veigas, practicábamos o ecologismo mais salvaje sen sabelo, nunha palabra, traballábamos pra nós.

A primeira ves que mirei un baño foi con seis anos no colegio, e meteume medo, parecía un choio chungo destes dos médicos. E a primeira ves que tivemos nós un baño xa tiña eu quince.
Ata aí a cuestión de bañarse era unha odisea, ríome eu do Ulises, aquilo era pior que organizar a matanza do porco.

Non había traída e a única agua que tiñamos era a da mina.
A mina fixéraa o noso bisavó facía muitos anos escavichando coma un campión e tiña uns poucos de kilómetros.
Viña directa da montaña de Sandomedio.

A agua saía fría de carallo e ningún de nós era moi amigo dela, sobretodo no inverno.

O sábado era o día tal.
Nosa nai remangábase toda, facía uns poucos de viaxes á mina, e quentaba a gua na mesma perola na que facía o cocido os domingos e despois, bramando coma unha vikinga, íbanos sacando da cama un por un e púñanos a remollo nunha tina.

Collíamos catro de cada vez, así ibamos en cuadrilla espetados nun gurricho de agua, ata que enfriaba, entón Madre abría a véntana e basculabaa por ela, collía outra tandada e volta a empezar.

Aquilo era un caldo, ningún de nós quería bañarse, facía frío e inda por riba Mingos era un porco, todos rezabamos para que non nos tocara con el.

-¡Mamá, Mingos caghou un peido!
-Pois se che parece chéirallo.-era a resposta de Madre.

A tina fervía e nos sentiámonos coma se fosemos galiñas por desplumar.
A nosa nai votábanos a agua por riba cunha ferrada mentras ouveabamos coma cans.
Se a algún se lle ocorría rebelarse, Madre non escatimaba en hostias pra repartir.
Sempre foi unha muller mui generosa.

Ademais tiña a habilidade de non acertar nunca co pelo e cada vez que nos aclaraba o xabón, introducía varios litros de agua polas nosas bocas e fosas nasais.
Paseinas putas e inda non sei como non morremos ningún de nós afogados alí.

O saír daquela terma, en carne viva, esperábanos a Toalla, que era un anaco de lija ca nosa nai refregaba con ansia de neurasténica contra os nosos pequenos e tenros corpos.

Despois de quitarnos varias capas de pel, por fin eramos libres, pero estabamos tan mallados que moitos volvían pra cama e escondíanse, pronto comprendemos que isto era un erro, xa que miña nai, coma unha autentica malladora, non distinguía os limpos dos sucios e se te descoidabas facías doble turno na tina.

Meu abuelo dicía que tanto lavarse non era bo, que gastaba a piel e quitábache o brillo do pelo, e a verdade é que el tiña un cutis suaviño e un pelo negro bastante brilloso.
Caghábase en Dios da mañán á noite, isto traía amargada á nosa abuela, que era forofa do Papa e tiña ós curas en moi alta estimación.
Ó mesmo tempo, noso abuelo bebía como un cosaco e fumaba varios paquetes de Celtas ó día.

-¿Onde está a chave da bodegha?-era unha pregunta mui frecuente nel.
-Eu que che sei Santiagho- mentía a nosa abuela.
-¡Me cagho en dios Rudesinda!¿onde está a chave?- espumaba como un corsario.
-Non te caghes en dios, que el está enriba.
-¡El estará alá enriba, pero eu estou aquí´nbaixo me cagho na cona, a pasar sede coma un can pola túa culpa, pero como me chamo Santiagho que voto esta porta abaixo !
-Non fai falta que te alteres tanto home- contestaba calmosa- a chave a de estar na salghadeira.
-¡Me cagho na puta que m´ade parir, daghora en diante vou levala atada ó cospozo!
-Leva, home leva.

Isto era case todas as tardes.

Cando viña o calor, collía unhas turcas de catro pares de collóns, entón dáballe polas performances mais artísticas que xa quixeran pra eles muitos artistillas de museo.

Unha vez baixouse de pantalóns no alto do balado do canastro e pendurou o cu a catro metros de altura mentres oscilaba coma un péndulo dicindo:

-¡Estou a caghar pra todos eses hijos de puta!

Tal como acabou de dicir aquilo, caiu do balado abaixo e aterrizou na súa propia merda cunha precisión digna dun misil.

-¡Santiagho matouse!-berraba miña abuela.

Ó minuto xa estaba el subindo polas escaleiras cos pantalóns polas canillas, fedendo coma un porco e preguntando pola chave da bodega.

miércoles, 9 de febrero de 2011




"El futuro me proporciona la perspectiva más incierta; muchos amigos, pero voy de mano en mano; muchas destrezas, pero ninguna de la cual vivir; y no poco que obstruye el camino en mi trabajo. Era como si estos pensamientos quisieran retenerme, y esta vez lo hicieron como con sogas."

W. Benjamin