viernes, 20 de mayo de 2011

O home de Tianamen


Chamábase Wang Weilin,
viña de face-la compra tranquilamente,
e atopouse cunha recua de tanques.
Decidiu plantificarse diante de todos eles,
coas suas bolsas de plástico,
coa compra,
quen sabe se levaba leite, pan ou tiritas,
pero tiña un par de huevos Wang.

El solo, coa inocencia dos seus 19 anos,
parou os tanques de Tianamen.
Era un neno.

Petoulle no casco as ouvellas
que conducían aqueles cacharros,
pra falar,
pra dicirlles,
que andades a facer?

Andaban a face-lo parvo,
con xoguetes grandes.

Un par de fillos de puta de paisano,
levárono enganchado
fora da escena.
Tipos coma el molestan.

Xa nada mais se supo del,
Non quedou nin pan nin leite
nin tiritas.
So cousas inútiles.