lunes, 24 de diciembre de 2012

Noiteboa





Situación:
1 Tenda-bar calquera, non se dan nombres, televisión coas noticias a todo tren. Día de noiteboa...

-Anda o Rajoy a falar dos soldados eses que andan pra alá na quinta ostia.
-Pero ¿quen os soldou entón?, ¿non poden vir pra cá?
-Non home, escuita, non é o mirmo soldado ca soldador.
-Eu mirara unha pelicula buísima que era o "Soldador Universal", que andaba a enredar cuns electrodos ou a virgen.
-Pois sería coa virgen.
-Arrequichaba aquelas pernas que era 1 jloria miralo oes.
-Bueno pero, ¿a que hora é o discurso do rey?
-Este ano sale a falar a cabalo dun elefante, disque.
-A min dame injual o rey, ca Miliki de borbón ou o Langarín, xa lle poden dar polo cú a todos.
-Cala que inda dan as jracias.
-Eran capaces os hijos de puta.
-Janan un bo sueldo.
-¡Cajo en dios!
-Mándalle outra.

Entra unha señora, cara de vir da misa, mirada desigual.

-Boas tardes.
-Boas si, depende pra quen.
-Quería unha barra de pan
-Xa non queda
-Andamos a ajarrarlle a sotana o cura e quedamos sin pan.
-Eu non lle ajarro a sotana ó cura.
-Non a de ser por janas.
-Escuite, eu non lle falten o respeto.
-Ese é o problema neste puto país
-Boas tardes, marcho por onde viñen.
-Xa é muito dicir.


Señora deixa o local ofendida, pero cheiña de razón.

-Esta é 1 hija de puta de cuidado, conozoa eu, e desas fruncidas, cada burro no seu mollo, rachala alpaca o medio e andando.
-Bueno, non te fajas mala sancre.
-O que é malo e o viño ostia, vota outra "chiquita" dime porque...