viernes, 15 de febrero de 2013

Duardo!



Sempre recordaren un viaxe que tiven que facer en autobús desde Lugo ata Vigo.
Aquilo foi unha performance en toda regla.

Fora as festas do San Froilán, recordo que apañen unha turca considerable e quedamos a durmir nun coche con 2 fulanos que acabábamos de coñecer a miña prima e mais eu.

Pasámo-la noite en vela, fumejando coma condenados, recordo que un deles contábanos a súa experiencia cun teléfono erótico ó que chamaba invariablemente.

-Eu chámolle alí e entón ponse toda melosa a falarme da miña pirola e tal e vou eu e díjolle asi: ¡Faime a mona!, e pártome o cú amigo, porque quédase apampanada de todo, entón vou eu e fájolle a mona.

Tamén tivemos unha disertación bastante amplia sobre Espinete e "Gordinflón", non sei porque non eramos capaces de recordar entre os 4 o nombre de Don Pimpón.

O caso, que pola mañán estabamos mais mamadas que pola noite, pero fumos quen de colle-lo autobús de volta.
Entón , estando xa acomodadas pra votar 1 soneca, miramos entrar pola porta do autobús a un fulano cunha borracheira de 4 pares de collóns, debía de ter uns 50 anos e non se tiña en pe case.
Balbuceoulle ó conductor aljo e sacou 2 billetes, cando xa pensabamos que estabamos ante unha representación humana do coma etílico, apareceu detrás del unha muller, que debia de ter 80 anos como pouco, que estaba todavía pior ca el.
Resultou ser a nai.

Pa chejar os asientos tropezaron en todo o que había, votoulles unha media hora boa chejar a eles.

-Duardo-decialle a nai- no me encuentro bien Duardo, no se que tengo.

Que iba ter, que estaba tajada a muerte.


-Mamá, eso fue que te cogió el frío cuando nos subimos a las barcas, ¿te acuerdas de las barcas mamá?

Buenísimo.
Entón murmuraban en baixo aljo imperceptible e a vella empezaba a roncar como 1 jabalí, de repente o tal Duardo levantábase e marchaba a sentarse atrás, ó lado duns gitanos que tampouco perdían detalle.

-Que hija de puta la vieja esta, no la aguanto, a ver si se muere de una puta vez.
-¡Ques tu madre pallo, como le vas desear la muerte a tu madre!

Ahí era cando a vella espertaba e miraba que o fillo non estaba.

-¡Duardo!¡Duardo!-gritaba ó tempo co conductor votaba unha mirada de reollo polo espello- ven con tu madre Duardo, ven con tu madre que me encuentro muy mal.

Toca o Duardo a xunto dela a darlle o pronóstico.

-Mamá, es la tensión, tienes la tensión baja mamá, seguramente por la altura a la que nos encontramos, ¿te das cuenta mamá?.
-Sientate aquí con tu madre.
-Sí mamá, ya me siento aquí.

Dalí a un pouco, outra vez o Duardo que lle escapa á vella.

-Yo es que la mato, la mato aquí mismo.
-Eso e de mal nasío-decianlle os gitanos que tronzaban coa risa.

O conductor taba xa medio mosca, subíalle o volumen a radio e tomaba as curvas a toda ostia, era coma cando ibamos de excursión no colegio.

Despois de varias representacións similares desta trama e de que o autobusero lles pedira amablemente polo micro que non fixeran barullo por favor, a vella espetou un grito descomunal.

-¡DUARDO, VEN CON TU MADRE, DUARDO...!

Ó autobús chiáronlle as rodas do frenazo que pejou, todo dios calado, levántase o conductor coa vena inchada na frente e dirígese como un misil á vella.

-¡Me cajo en dios señora, xa non llo repito mais, coma a volva escuitar outra ves zampoa do coche abaixo!

Silencio.

Entón a vella queda a mirar pro conductor con cara de pena e espétalle toda cheiña de razón.

-Señor, digame usted, ¿qué mal hay en que una madre quiera que su hijo viaje con ella en el autobús?

O conductor pasouse a man pola frente, suspirou, deu media volta e sentouse de novo.
Colleu aire, sacou un pitillo e puxo unha cinta de Raphael a todo tren pisando pedal ata Vigo sen parar.