miércoles, 17 de septiembre de 2014

Shit!


A primeira ves que marchén alá pra Inglaterra votei unha semana enteira sen limpalo cú.

Durante o tempo que estiven alí non supen nunca que carallo estaba a rillar,
meu estómajo non tiña nin puta idea de como digerir aquilo,
todo tiña unha salsa poriba ou estaba rebozado, non me extrañaría ter comido as entrañas da reina madre.

O caso, miña prima e mais eu andábamos de ruta polos pubs, chicleando a dolor,
ela marchaba de volta pa Taboexa o día seginte e estabamos a comprobar cantas pintas facían falta pra doblar case a nivel calcañal.

Nisto eu sentín un peso pola zona do jueso do suan...tensión.

-Montse-dixenlle- dame a min que xa non imos triunfar hoxe
-¿Por qué?
-Cajei por min chacha


Nisto tocaron a campana de peche e toca a correr a pedi-la última,
eu tardei un pouco mais polo contrapeso.

Marcheime directa a por unha muda limpa en canto chejamos a casa dos Mchugh,
unha familia fenómena que nos acolleu naquelas terras,
a muller zampaba todolos días varios pares de lingotazos de whisky antes de ir po choio.

Mirei fijamente a desfeita das miñas brajas.
Chamei a miña prima.
Concluimos que estaban en fase terminal.

-Montse, ¡isto non hai dios que o limpie!
-Xa che dijo, ¿qué vas facer?
-Home aquí non poden quedar-reflexionei...entón tiven unha idea buenisima-.Mon, tes que levalas de volta pa España

Isto da unha pista de como me escorrejaba a neurona naquel entón,
¿A quen se lle ocurre iso?
Non colle en cabeza humana.
¿non era maís fácil tirar con elas e fuera?
ata considerei mandalas por correo, pero descarteino, logicamente, porque ijual se perdían.
pero se a min me patinaba a lo loco á miña prima non quedou atrás.


-¡Ostia! ¡Fijo!-aplaudiu entusiasmada-vou ver se hai unha bolsa e metémolas dentro que inda non pechei a maleta.
-¡De puta madre, joder, menos mal que xa marchas mañán!
-Xa che dijo, ¡senón menudo cheiro ibamos ter na habitación!

Alá fumos pra cociña a buscar unha bolsa, collémolo anaco aquel de brajas co rabo da vasoura e espetámola no fondo.
Entón xa chejamos o punto máximo de surrealismo, mirei pra Montse casi coas lágrimas nos ollos e espeteille:

-Toma, quero que llas leves á miña nai-isto xa tal cual como se eu morrera en combate e o único recordo que tivera pra ela foran unhas brajas cheas de merda.
-Iso está feito, non te preocupes que vai ser o primeiro que faja tan pronto cheje alá-prometeume.

O día sejinte, xa estando eu soa, visualicei á miña prima polo aeropuerto adiante coas brajas na maleta, ti imagínate que lle fixeran abrilo equipaje na aduana,
¡mima!
Tamén me imaginaba a cara de miña nai no momento en que a miña prima lle dixera:

-Toma Teresa, a túa filla quere que che dea isto.
-Gracias mijiña, ¿Qué é?

Eu enjruñábame toda pensando naquilo, ¡non daba entendino que carallo nos pasara pola cabeza pra chejar a tal absurdo!
¡Tiña que ser por aljo que nos votaban na comida fijo!

Días despois chejoume unha carta desde Taboexa,
nela miña nai dábame as jracias polo souvenir
e mándabame unha foto do que parecían ser unhas brajas que huberan sido arrastradas a lazo pola parroquia enteira.