"Este brazo dominoo eu"
Isto foi o que lle espetou Pancracia ó tipo que a atropellou.
Embestiuna ampliamente un viernes de bingo pola noite.
O fulano non daba creto.
Tras arrasala, mirou como aquel redullo con mandil andaba ás envoltas polo chan,
como se fora Chuck Norris a facer virajanchos,
alajando o brazo dreito totalmente no proceso.
De paso jodeulle un foco e o espello retrovisor.
-Ta lojo-soltoulle ela ó tempo que marchaba de quilla buscar pitillos ó Ghedas.
-Eu pensei que arrollara a un jabalí-confesou o conductor.
Cadrou que ela iba de luto e era practicamente invisible e inmortal.
Tiña uns 90 pico anos/cen, desaunaba viño tinto da mañán a noite.
Nunca tivo unha jripe, o día que lle botaron a casa abaixo
fijáronse que as paredes estaban sujetas polos jarrafóns.Viridico.
Tiña como aficións cair de jrandes alturas sin fracturarse siquiera
e facerlle visitas ós veciños ó chou.
-Un día tabamos a cenar no eido-contaba o Halitosis-e non entra a Pancracia polo portal pra dentro dreita á bodeja, marcheime atrás dela.
-¿Onde vai?
-Buenas noches-dime-Tranquilo que eu xa tomei o bilicol...-E veña coma un misil bodeja adentro.
-¿Que carallo de bilicol nin que virgen?
Tiven que ajarrala polo brazo e sacala pra fora arrastro,
díxenlle así:
-Usted se quere cenar con nós, pasa pra dentro, séntase á mesa como unha persona e cena, pero pra bodeja non a deixo eu ir.
E dime ela, "Eres un jrande hijo de puta"
-Lojo colleu e foi a xunto á juardia civil e denuncioume inda poriba, que seica a intentara violar.
-E dijo eu-dixo Ramón tras pousala chiquita-¿que cona é o bilicol?