-¡Me cajondios!-bramou Valentina cun pitillo na comisura mentras lle daba un trajo a lata de skol-¡Cómo que non imos coller os cachos eses!
Estabamos todos a observar as evolucións dun feixe de velutinas que zoaban ó redor dos cachos de uvas como se foran platillos volantes de manifa.
-E que se nos pican ímonos cajar na cona-dixo Gillermina a través do jueco dos dentes, faltábanlle os suficientes pra que lle collera un pirulo sen abri-la boca.
-¿Entón que? ¿imos estar aquí hasta mañán a ver po airo?
-Xa morreu xente de picaduras de avespa-murmurou tetas blancas, era o mote que lle puxera Valentina porque o tipo era nejro pero tiña os pezóns blancos, cousa que a deixou traumatizada e pensativa sobre outras partes da súa anatomía.
-¡Xa morreu xente tamén a cajar! ¡a miña xente vai!-sentenciou Valentina o tempo que zampaba a lata contra os espalleres.
Non quedou outra, alá fumos coma aqueles liquidadores que encofraron Chernobyl, a la muerte sejura, tixeira en man e pra diante.
Aquelas volantinas facían sombra hastá, cousa jrande chacha, nos triscábamos alí a cejas, iban caindo cachos nas caixas de milajro.
-Eu non sei, pero aqui vai a haber unha desjracia.-chorimicaba Gillermina
-¡Bota Cona!¡Corta pra diante ostia!-tronou a capataza prendendo outro pitillo-¡Abre outra lata!- ordenou ó chou.
Vendimamos naquelas uvas como se foran minas antipersona, ós saltos, cando por fin acabáramos coa misión suicida, unha das jalopinas picoulle o tetas blancas que empezou a ouvear coma un can.
-¡Pero ti eres gilipollas!-cuspiulle Valentina-Siquiera che picara no bardo.