sábado, 20 de julio de 2019

O HOME NUNCA CHEJOU


-¿Tasme decindo que meu abuelo viu como chejaba o home á luna no teleclub en directo fai 50 anos e que ajora cando conectan coa estación espacial teñen que cortar cada pouco que se lles vai a conexión?¡Bueno home buenooo!

-Home eu diso non sei, pero todo o mundo o mirou pola televisión, que o home chejou a luna.

-Si, tamén miramos muitas películas pola televisión ¿non?pero vamos a ver Mingos, ¿ti daste conta de que cando falan cos astronautas en directo hai uns 11 sejundos de retardo, e o Armstrong falou sin retraso ninjún?

-Eu sólo sei que hai un feixe de satélites e que teñen unha estación alá arriba chea de rusos, e chámanlle alí e falan e mírase o planeta, iso ten que ser certo, os tipos tan alí no airo a flotar, ¡iso mireino eu! Asi que non me dijas ti.

-Si, hai un feixe de satélites e casualmente ninguna nave se espetou nunca contra un e ti miras alí uns fulanos cunha cámara que andan os vuleus pola nave chea de cables a coljar, que non me dijas ti a min que iso é unha instalación pra unha nave, todo ali empatado de calquera forma, pero se te fijas os tipos parecen que van coljados por arneses,¡É mais! mirei un que iba coljado polo cu e mirábaselle un corno a sair do cinto e o tipo pasaba por detrás dos outros co corno no cu.
Mingos chimpou de jolpe o cobalibre, a renjlón sejido pediu outra ronda.


-O sea-continuou o Chiño- a estación espacial, que por certo cada dous por tres aljo lle pasa porque os astronautas tan sempre a apretarlle os tornillos que non sei como non van todos a tuma polo cú, vai a 28.000 kilómetros por hora, e mándanlle desde a Terra o relevo alá parriba a 400 km ¿e chejan perfectos po acoplamento? ¡Home non me jodas!¿Cómo collen iso ó vuelo? Cádralle a esas velocidades mallado. ¿Que ten frenos o chirme ou danlle marcha atrás pra que os collan, cómo é o tema? Ti intenta apretarlle as rodas a un formula 1 en marcha a ver se das feito, e vai bastante mais despacio ca un choio deses.

-Tasme deixando acojonado.

-Non se trata diso Mingos, trátase de que nos están a tomar a todos por parvos. ¿Por qué nunca se mirou como furaban a estratosfera? Ajora todo dios ten móvil, podían ir co móvil a jrabalo dijo eu e que se vería, poir non.

-Alá non terán cobertura.-dixo Mingos triunfal.

-Cona, pero o móvil ten cámara.-Mingos desinflouse- Ou que a leven nun botón da camisa como fan muitos, curiosamente nunca se mirou como saían po espacio, solo se miran os astronautas cunha cámara fija e se son mulleres co pelo cheo de laca pra que lle quede de punta coma quen que non hai jravedad, eu hasta mirei burbujas nunha desas conexións como se estiveran na pircina. Polo visto cando os mandan alá pra órbita a presión toda está dentro do chiringuito, fora faise un vacío e non hai presión ningunha, debían estoupar en anacos xa solo con iso dijo eu.

-Toume a marear Chiño.

-E lojo cando miras o tipo alí a arranxar na nave que supostamente vai a esas velocidades e alí está ós chimpos, xa con ese vano tiñan que quedarlle os brazos atrás, os dentes e o espiñazo. Mingos, faime caso, o home nunca chejou.