-¡Folxa gueral!-oubeaba Paco Cubalímetro contra a barra do bar.
-¿Pero que ostia dis Paco?
-¡FOLXA GUERAL MECAJONDIOS!
-Deixao, hoxe seica estivo a larear cos do sindicato e atrapállanselle as palabras na boca polo visto.-aclaroulle o cuñao.
-Paco, deixate ajora de folgas e conachadas e porpárate que imos ir de pesca.
-¡Un traballador ten dreito a pedir o que é seu e ningún hijo de puta vaime dicir a min o que podo ou non podo falar aquí ien Roma!
-Veña, acaba o trajo e funcionando-espetou Cunilíngulis que ese día estaba jabacho porque rectificara a Cady co motor dun secador.
Enfiaron rumbo a estacada, pero polo camiño a Cunilíngulis meteuselle nos cornos que quería botar unhas pezas no Karaoke.
Espetoulle "Sólo lo hago en mi moto" e "Voy a 100 por la autopista" mentras Paco entretíñase dándolle de ostias a un fulano que lle tiña pinta de esquirol.
Lojo xa se envitaban a gintonis sucesivamente.
-Temos a sartén polo mango Romero-explicáballe Paco ó tipo co que se aostiara anteriormente-e somos tan
gilipollas que non nos damos de cuenta, aposto a que ti menos ca ningunha desas
ovellas.
-Non che dijo que non, pero chámome Joquín.
-Está montado así Paco-
declarou o cuñao.
-¿Qué está montado así nin que ostias?-bramou Paco facéndose
máis ancho cunha artesa-Montámolo nós así porque non se fai nada, ¡Folxa gueral
xa!
-¿Quié isu?
-Non lle fajas caso-cuspiu Cunilíngulis-Ponlle outra a Paco que
hoxe viume alporizado.
-¡Alporizado mecajo na cona que me botou!¡Alporizado!
cando vos dean tanto polo cú que non sepades por qué buraco cajar non veñades
onda min pra que vos bote unha man, porque o que vou facer e mixarvos a todos
poriba que é o que vos justa a vós.
-Paquiño home, non fai falta porse así,
derfruta que hoxe é viernes, tamos aquí entre amijos e imos ir pescar unhas
lampreas e deíxate xa de ostias de folgas e de alterar ó personal que non vas
arranxar nada.
-Iso Paco, veña non te amarjes-animouno o cuñao-Imos pra estacada.
Paco prendeu un pitillo, baixou a cabeza e dixo:
-A rir que o dijas mijo, imos mirmo.