jueves, 21 de enero de 2010

A miña profesora de Jallejo



Acórdeime hoxe dunha profesora de jallejo que tiven no instituto o siglo pasado.
Non sei como se chamaba, poñámoslle Wikipedia.
Era un pau, deljadiña e cunhas jafas imponentes.
Parecíase á Señorita Rottenmeier, pero polo que nos contou un glorioso día na clase, era unha fiera sexual.
Por iso ma cordo dela.
Por ese día.

Chegaba ela da súa luna de mel, viña eufórica, fora a Portugal, ó Algarve.
¡Unha jloria aquilo, pricioso!

Nós pensábamos que xa estaba, que xa iba a empezar coas "os" abertas e pechadas, pero ka!
¡A que se abriu foi ela!

-Practiquei toda-las posturas sexuais que podades imaxinar naquel Hotel.-espetou de medio lado escenificando algunha delas.
Quedamos todos pámpanos a mirar pra ela.
-¿Podería repetir?-preguntou unha chavala despistada pensando que era un dictado.
-Claro, claro que podería repetir,- contestou a profe- é mais, estou aquí con vós, pero estou pensando no sexo.
-¡Redios!-Exclamou o meu compañeiro-¡Pois por nós non quede coas janas!
-Jijiji-soltou Wikipedia xa media colorada-A verdade e que ganas non me faltan, pero eu son moi profesional e vouvos dar a clase.
-¡Non, non!-soltei eu vendo que se nos iba, daquela xa estabamos practicamente todos mornos, tirando a quentes-Cóntenos mais dese estupendo viaxe, eu por exemplo nunca estiven alí.¿Non grabaron ningún video?-preguntei esperanzada.
-Non vos quero aburrir, pero queda pra outro día...
-¡E traia diapositivas se tal!-dixo a chavala despistada que xa empezaba a espabilar.
Inda estou a esperar eu por ese día.

6 comentarios:

  1. Hacia tiempo que no me reía tanto con una entrada
    de verdad magistral en serio me caen las lagrimas y creo que los vecinos deben pensar que estoy loco, que bueno que bueno de verdad es dificil escribir con tanta carcajada.....enhorabuena esto es una pieza maestro.
    Un abrazo muy grande....me encanta que me hagan reir de tal manera

    ResponderEliminar
  2. Xa mo di miña nai: "Ti es un adivirtepueblos"
    Alégrome muito de que che fixera rir,
    pois se chegas a estar ali morres!
    Sempre falan de que hai profesores que marcan a tua vida, a min Wikipedia (e supoño que ós meus compañeiros daquel día) marcoume pero bien!
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Agrupa esta joyas de la corona, yo a parte de abogada puedo ser tu mecenas.
    Gracias por hacernos reir gratis.

    ResponderEliminar
  4. Omaira, vai encendendo o coche que nos vamos pa Las Vegas!

    ResponderEliminar
  5. Detrás de cada cara hai unha vida oculta pa flipar e quedar coa boca aberta e babeando...

    Imaxínome á Wikipedia dándoo todo coas súas gafas e o moño a medio desfacer...

    Saúdos

    ResponderEliminar