viernes, 30 de abril de 2010
Loser?
miércoles, 14 de abril de 2010
¿A qué hora sae o Titanic?
Cholo votou toda a mañán preguntando a qué hora saía o Titanic.
En cada bar no que paraba, mandáballe a sua fórmula e preguntaba o tema.
Xa tiña unha melodía coma un piano, pero inda había un par de tascas mais.
-Oe, ¿a qué hora sae o Titanic?
-Saéche ahí polas oito e pico
-¡Cajoendios, non me vai dar tempo!
-¿Pero ti vas nese barco?
-¡Entón!, vou, non vou ir.
-Mira que ese barco afunde
-¡U que ó!
-¡Que afunde quiu sei eu!
-¡É injual, eu teño aquí o billete e vou coma hai dios!.Ponme outra.
-Erache millor que quedaras aquí, vaste cajar en dios.
-Nada diso, ¿ti pensas que eu son parvo ou que? ¿entón toda a vida a traballar coma unha mona pra xunta-los cartos pra marchar pras américas, e ajora que teño o billete voullo dar a outro? ¡non oh!, ¡vou inda que afunda, coma me chamo Cholo que monto nesa puta merda e marcho a tumá pulu cú por ahí diante!
-Bueno, bueno, é cousa túa.
-E vótalle vermú, que isto está ajuado.
-Ajuado vas quedar ti.
martes, 13 de abril de 2010
Verificación de la palabra
¿Alguen sabe pra que che piden que "verifiques la palabra" cada vez que fas un comentario nun blog calquera?
Porque pra min non ten sentido, ¿que queren comprobar, se miras ben, se sabes ler?
¡joder! se acabas de escribir un puto comentario, ¡será que si!
E despois as palabriñas que che poñen:
- ounglyst
- xwsr5tf
- addleafx
- galiwrst
- etc.
¿Pero quen ostia se dedica a selección destas "palabras"?
¿Hai un programa informático pra estas tonterías?
Imaxínome ós fulanos que o inventaron intentando vendelo ¡e conseguindoo!
-Buenos días, traiolle aquí este piaso programa que, aleatoriamente, escolle unha combinación de palabras absurdas e sen sentido que os ususarios terán que verificar cada vez que comenten un choyo calquera no internet.¿qué lle parece?
-¡Una monada! ¡Se lo compro ya mismo!
Como diría Iker Jiménez: "Escalofriante chacha"
viernes, 9 de abril de 2010
jueves, 8 de abril de 2010
O Rebullón do Universo
Viña eu pensando no Universo, pra ahí expandido,
e nos seres que andan nel.
Se hai mais mundos con mais vida,
¿farán cousas parecidas?
¿Disfrazaránse os extraterrestres certos días do ano, terán cú, dioses, puticlús, irán a misa, pajarán o sejuro do coche,terán resaca, as muelas picadas, controles de alcoholemia, porán luces nun árbol, depilaránse, bucearán, andarán á moda ou a ostias, porán o bacalao a desalar, drogaránse, irán a concursos televisivos, terán tele, traballos e sueldos miserables, laparán as cousas, pasarán o psicotécnico, irán de vacacións, levarán parajuas, chandal, chinguiletas, faránse peinados, porán pindientes, terán liga de futbol, reis, curas, presidentes ou reuma, votarán a primitiva, farán peras...?
¡Debemos de ser os seres mais curiosos da puta galaxia!
Non me extraña que veñan a abducirnos e a estudiarnos,
seguro que pensan que loqueamos, e sen cambio,
inda temos os huevos de decidir que haiche algúns mais tolos cos outros
e a eses metennos nun manicomio, tipo rebullón, e andando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)