jueves, 8 de abril de 2010

O Rebullón do Universo


Viña eu pensando no Universo, pra ahí expandido,
e nos seres que andan nel.
Se hai mais mundos con mais vida,
¿farán cousas parecidas?

¿Disfrazaránse os extraterrestres certos días do ano, terán cú, dioses, puticlús, irán a misa, pajarán o sejuro do coche,terán resaca, as muelas picadas, controles de alcoholemia, porán luces nun árbol, depilaránse, bucearán, andarán á moda ou a ostias, porán o bacalao a desalar, drogaránse, irán a concursos televisivos, terán tele, traballos e sueldos miserables, laparán as cousas, pasarán o psicotécnico, irán de vacacións, levarán parajuas, chandal, chinguiletas, faránse peinados, porán pindientes, terán liga de futbol, reis, curas, presidentes ou reuma, votarán a primitiva, farán peras...?

¡Debemos de ser os seres mais curiosos da puta galaxia!
Non me extraña que veñan a abducirnos e a estudiarnos,
seguro que pensan que loqueamos, e sen cambio,
inda temos os huevos de decidir que haiche algúns mais tolos cos outros
e a eses metennos nun manicomio, tipo rebullón, e andando.

2 comentarios:

  1. Moloume o de terán presidentes ou reuma...
    Máis ou menos veñen sendo incordios parecidos, jaja.

    ResponderEliminar