jueves, 30 de septiembre de 2010

Neco z Alenky


Así se chama a versión surrealista de 1988 que o checo Jan Švankmajer fixo de Alicia no pais das maravillas.
Nesta peli a tal Alenky pasaas putas, en vez de andar polo suposto país das maravillas, paséase por escombreiras e habitacións tétricas e é persegida por cráneos de todo tipo, peixes con peluca e bistés.
A Oruga é un calcetín con ollos de vidro e á Liebre de Marzo caelle un ollo continuamente e perde relleno de seguido.

Unha chulada de gore "infantil".

jueves, 16 de septiembre de 2010

Conversacións coa miña nai


Cadroume un día de estar a mirar unha peli de "acción", como lle chama miña nai, desas tipo porno, e apareceu Madre na cociña.
Quedamos as dúas un bo anaco mirando as evolucións sexuales daqueles fenómenos e comentando un pouco o argumento:

-¡Que gimnasia teñen esas raparijas nese corpo!-dixo miña nai claramente impresionada
-Non me extraña
-Iso ten que ser bo po colesterol.
-E pro ácido úrico.

Nun momento dado chegou o turno do típico número das dúas fulanas que se enrollan.

-Mira esas dúas platilleras-calificou miña nai
-¿cómo lle chamaches?
-Ti non te enteras de nada miña filla, esas chámanse platilleras,libianas-aclarou finalmente.
-Joder, pois si que estás ti posta.
-¿Ti que pensas, que túa nai naceu onte? e mira agora xa están cun macho, entón deben de ser desas bisuales que tanto lles da arre que so.
-¡Mira, mira, agora están dous fulanos dándolle!¿Non é maravilloso?
-Eses homes son sesuales-a esas alturas Madre era xa toda unha eminencia na materia.
-¡E agora todos xuntos!-aplaudin entusiasmada.
-¡Isto e unha pinada de cans! pon o luar.

jueves, 9 de septiembre de 2010

??????????????????????????????????????????


Polo visto un reverendo de Florida con muita iniciativa vai queimar este sábado un sinfín de libros do Corán a enredar.
Isto vai supor que todos os seguidores do Islam se sintan atacados e o mesmo tempo que provoque calquer reacción de tipo terrorista e similar que da mucho miedito.
Este tremendo pastor, Terry Jones, so ten uns 50 seguidores na súa pequena iglesia, sin embargo esta curiosa noticia chegou os meus oidos que vivo nun recuncho do mapa.

E digo eu, se a min me dera agora por queimar todas as biblias que atopara ó meu paso, ¿Iba a enterarse o tal Terry Jones en Florida?
¿Ou usted que vive en Siberia? ¿ou Ban Ki Moon?

Eu creo que non, ademais de que íballes a importar un carallo.

Entón algo fede aquí.

Se os medios de comunicación non deran esta noticia sobre o pastor pirómano, so se terían enterado desta queima os 50 seguidores que ten e todos tan contentos.
¿Ou é que somos parvos?

A algén lle interesa que ós islamistas se lles inche unha vena e contraataquen.
Será que atoparon mais petróleo por alá.