jueves, 16 de septiembre de 2010

Conversacións coa miña nai


Cadroume un día de estar a mirar unha peli de "acción", como lle chama miña nai, desas tipo porno, e apareceu Madre na cociña.
Quedamos as dúas un bo anaco mirando as evolucións sexuales daqueles fenómenos e comentando un pouco o argumento:

-¡Que gimnasia teñen esas raparijas nese corpo!-dixo miña nai claramente impresionada
-Non me extraña
-Iso ten que ser bo po colesterol.
-E pro ácido úrico.

Nun momento dado chegou o turno do típico número das dúas fulanas que se enrollan.

-Mira esas dúas platilleras-calificou miña nai
-¿cómo lle chamaches?
-Ti non te enteras de nada miña filla, esas chámanse platilleras,libianas-aclarou finalmente.
-Joder, pois si que estás ti posta.
-¿Ti que pensas, que túa nai naceu onte? e mira agora xa están cun macho, entón deben de ser desas bisuales que tanto lles da arre que so.
-¡Mira, mira, agora están dous fulanos dándolle!¿Non é maravilloso?
-Eses homes son sesuales-a esas alturas Madre era xa toda unha eminencia na materia.
-¡E agora todos xuntos!-aplaudin entusiasmada.
-¡Isto e unha pinada de cans! pon o luar.

4 comentarios:

  1. jajajajajjajaaaajjjj que buenoooo!!!!lo que me rio con tus comentarios,,buenisimos sin lugar a duda!!!....un saludo

    ResponderEliminar
  2. Gracias por pasarte Octubre,espero mirarte mais veces por aquí e que rías muito ;)

    ResponderEliminar
  3. "Desas bisuales que tanto lles da arre que so", jajaja... que cousa tan bisual!

    ResponderEliminar
  4. Así é miña nai, unha auténtica visionaria ;)

    ResponderEliminar