viernes, 5 de noviembre de 2010

Sin sentido




Estaba eu o outro día a fumejar en Sandomedio, mirando o ceo de noite e de repente dinme de conta de onde estamos metidos, non é exactamente "darse de conta" se non ser consciente unha vez maís, o caso, pensar na inmensidade do Puto Universo provocoume un ataque de pánico.

¿Qué carallo estou a facer aquí?-pregunteime mentras me saía o fumo polo naris.

Todo perdeu o sentido, de pronto pensar en nós parecíame rídiculo, andar a dar voltas polo planeta sen ton nin son, perder o tempo en madrugar, traballar, correr daquí pra alá, pensei na Terra, en que 1 día vai ir tomar polo cú con todo o que hai nela, e pareceume que eu xa estivera aquí, pero que estaba agora mismo vivindo unha regresión e estaba de visita nun planeta que realmente xa non existía.

Outra calada.

É maís, pensei se habería extraterrestres que se grabaran a sí mismos representando unha historia e que logo outros coma eles pagarían por mirar esas grabacións, coma as películas (xa non me parei a pensar nas porno porque viraría o sentido redondo).

Pensei se os extraterrestres operarían as tetas ou o naris, supondo que os tiveran.

Pareceume un misterio espetar señales de tráfico nun planeta do Universo considerando que andamos á intemperie dos elementos.

Todo, desde o home do tempo hasta a Champions, parecíanme maniobras de distracción para non pensar na nosa existencia.
Empecei a vivir no caos. (Iso pásame por non ter eu ningún tipo de fe espiritual á que agarrarme)


Sin embargo teño varios templos onde meditar sobre este tipo de cousas e cómo estaba perdendo a cordura unha vez maís, decidín deixa-lo prado por un tempo e ir pra Tenda de Paco das Santas a mandarlle un botellín
que, dentro do caos, inda ten algún sentido.

4 comentarios:

  1. se os humanos somos a especie mais "intelixente" do planeta, da medo pensar que exista a posibilidade de que seamos os mais listos do universo. menuda merda de universo seria este. hai que desarrollar a fe espiritual nos extraterrestres, e pensar que non se operar e que fornican sen gravarse.
    (todo es absurdo y la luna es un queso. punto)

    ResponderEliminar
  2. Se a luna fora un queso!
    a fe nos extraterrestres xa está desarrollada ó máxima, que llo digan o Ratzinger!
    saudiños ;)

    ResponderEliminar
  3. esto esta muy bien......pero solo por curiosidad......¿que estabas fumando? jejejejejejejejeej con todo debido respecto. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  4. jejejeje, prado Teo, prado.
    e ti que andas a facer que non escribes?...

    ResponderEliminar