martes, 21 de diciembre de 2010

O soño





Baixabamos polo monte, cargados coa leña os tres, miña abuela, que levaba unha raíz enteira, meu abuelo e mais eu.
Pareceume raro ca miña abuela tivera o pelo larjo porque sempre o levaba corto como se estivera a facer a mili continuamente.
O día estaba envolto na néboa e eu levaba a zamarra de caza do meu abuelo Santiajo.
Quedara cejo dun ollo e foi precisamente cazando que se deu conta deste simpático detalle:

Unha noite de tronos e chispas, estaba eu na cama coa túa abuela, era o que había, nisto vai e caime unha chispa no medio du ollo que baixara pola pera da lus.
Saíame o fumo polas orellas e a túa abuela pensou que estaba morto, pero ¡ka!
Viroume o sentido redondo e disque lle pedía os pitillos, que mos dera que os tiña metidos contra o cú, ¡que iba ter se estaba dernudo total!
O sijiente día marchei cazar co Barreiras ó Coto do Crasto, mandámoslle augardente de herbas pola mañá cedo,a enredar,e marchamos tan campantes a apañar cuellos


Recordaba ben ó Barreiras,era o matador do barrio e tamén che puña as indicións, a min facíame o sejundo, pero podía xa podía vir polo primeiro tamén que o medo tíñallo ijual.

Alá íamos el e mais eu, de leria. Votabamos días as veces polo monte e as nosas mulleres tiñan a ilusión de ter quedado viudas.Pandorcas.

O Barreiras traía con el un can de perdices que nin a virjen, chamábase Chusco, raza palleira, que xa poden dicir o que queiran, pero éche a mellor raza de can que pode haber.
O Chusco quedou quietiño o pe dun piñeiro, co fuciño apuntando para unha toxeira.
O Barreiras e mais eu acercámonos a modo e eu mirei un coello espléndido acochado no medio do toxo.
Inmediatamente collín a escopeta e apunteille o coello e chisquei un ollo,¡ostia divina!, fíxose de noite o instante.




-¿Qué che pasou Santiago que non lle tiraches o coello?-preguntoume o Barreiras.
-¡Cajo en dios eu estou cejo de todo!
-¡Vota cona!
-Ti queres ver que o carallo da chispa jodeume o ollo.
-¡Pois chisca o outro!




Estábamos chegando a unhas pedras tipo cueva e decidimos parar un pouquiño alí antes de seguir ata o eido coa leña.
Pousámola a modo pra que non se desfixera o feixe e meu abuelo quedou mirando pra min.
Entón achegouse e deume un abrazo.

-¡Cánto tempo sen verte!-díxenlle.

Espertei cun sorriso na cara e sentín unha lájrima a rolar do meu ollo chosco.

4 comentarios:

  1. Cando os raios entran na casa só poden facer estragos! Eu sei de quen quedou petrificado por un! Así que teu avó aínda tivo sorte dentro do que cabe. (Bonita historia)

    ResponderEliminar
  2. Tivo sorte si, e inda tivo unhas poucas aventuras mais...voto de menos que mas conte

    ResponderEliminar
  3. Que historia mas bonita!!!! Me hizo pensar en mi abuelo,que por desgracia,ya no esta aquí,que recuerdos me están viniendo a la cabeza,tal vez algún día escriba sobre ellos.

    ResponderEliminar
  4. Sí, sí, Octubre. escribe sobre teu abuelo, as millores historias contáronmas xente grande coma eles ;)

    ResponderEliminar