miércoles, 12 de enero de 2011

A derradeira tregua



Sucedeu en Bélxica no ano 1914, na víspera do natal durante a I Guerra Mundial.

O exército británico mandara un comunicado a todas as súas tropas:

"É posible que o enemigo realice algún ataque durante o Natal ou o Ano Novo. Manter especial vixilancia durante este tempo"

Ingleses e alemáns, coas trincheiras pegadas, batían o cobre a reo no campo de batalla xiado, escuro e sembrado de cadáveres dun e doutro bando, pero a rente da media noite sucedeu algo que cambiaría o panorama.

Un alto mando alemán tivera a ocurrencia de mandar un feixe de arboliños de natal ós seus soldados pra que non votaran tanto de menos o seu fogar, e ahí pola media noite os alemáns comenzaron a espetar eses arboliños adornados con velas ó longo das trincheiras.
Uns ós outros, os soldados alemáns, deseábanse feliz natal a grito pelado.

Os ingleses asistían a este espectáculo coa boca aberta e coa mosca detrás da ourella.

Entón un soldado alemán cun par de juevos aproximouse ós ingleses portando en alto un deses piñeiros.

Os soldados ingleses deixaron de disparar.

Os alemáns arrancáronse a entonar unha canción típica de natal "Stille Nacht, heilige Nacht..." que se escuitou por todo o campo de batalla, os ingleses apaludiron entón e responderon coas súas propias cancións"The First Noel, the angel did say …" , e os alemáns contestaron con outra, e así en lugar de con balas atacaban dun e doutro lado con cánticos navideños no medio dunha guerra.

Todos cantaban agarrados ós seus fusiles, por si ascaso, un bando decía:"Ven a escuitarnos" e o outro respondía:"Non, ven ti primeiro"

Os alemáns berraron entón:"¡Veña ingleses, atopámosnos no medio!"

Pronto achegáronse alemáns e ingleses ata terra de ninguén, querían conocerse, mirar á cara a eses monstruos que eran os "enemigos" e que cantaban cancións coma eles.

Saudáronse primeiro tímidamente, lojo xa con emoción e sorpresa, ¿cómo era posible estar a darlle a man a unha persoa a que fai media hora querían matar?

¿Ou darlle un abrazo o teu posible asesino?

Os alemáns dixéronlles que xa estaban ata os putisimos juevos da guerra e decidiron non disparar mais, os ingleses estiveron dacordo.

Un dos soldados ingleses Alfred Anderson, o derradeiro supervivinte desta tregua que morreu con 109 anos, contábao asÍ:

"Achegámonos uns ós outros, vimos que eran coma nós, non sei porque chegamos a pensar que non o eran. Intercambiamos regalos, o que tiñamos, tabaco, whisky, botóns, chocolate, algúns derónse as súas direccións. Os escoceses tocaban a gaita e os alemáns beillaban. Acordamos enterrar os nosos mortos xuntos e así o fixemos. Incluso organizamos un partido de futbol, chegou un escocés cun balón e puxemos as gorras pra delimitar as porterías, creo que gañaron os alemáns 3-2, pero iso era o de menos."

Cando os mandos superiores, que estaban a kilómetros dalí, se enteraron de que os seus soldados en vez de pilixar andaban de festa, amenazáronos con acusalos de traición e coa pena de morte e desde os seus cómodos sillóns ordenaron ataques sobre eles de xeito inmediato e movilizaron os regimientos pra alonxalos dos "amigos", non fora a ser cos traidores pensaran por eles mismos e se decataran por fin do absurda que era a guerra.

A tregua acabou tal como conta o capitán Stockwell dos Royal Welsh Fusiliers:

"Facía muito frío. Ás 8.30 da mañán, disparei tres tiros ó aire e saquei unha bandeira que levaba escrito "Feliz Natal", saltei do parapeto. O capitán alemán sacou unha camisa onde estaba escrito "Gracias" e saltou fora do parapeto, saudámonos respectivamente e saltamos dentro das nosas trincheiras, entón él disparou dous tiros ó aire e a guerra continuou..."

8 comentarios:

  1. ¿É historia ou Historia? jajaja... (unha boa idea para levar á gran pantalla)

    ResponderEliminar
  2. É realidade, e xa hai unha peli feita chámase Joyeux Noel, que che parece?

    ResponderEliminar
  3. Dawidth hizo una critica sobre a peli ahí atrás en su blog.
    Si se esta mejor andar de festa que andar de guerra iso esta claro jejejej.
    Un saludo. (por certo me parto con la forma que tes de expresarte jejejej)

    ResponderEliminar
  4. Buscarei a crítica de Dawidh a ver que di porque suele acertar coas críticas que fai.
    Alégrome que te partas, iso é boísimo, é o que levamos deste mundo.
    Un saúdo Inglés;)

    ResponderEliminar
  5. http://dawidh.blogspot.com/2010/12/feliz-navidad-joyeux-noel.html
    Ahi lo tienes.

    ResponderEliminar
  6. Que historia tan curiosa/bonita!
    Y todo empezó por unos arbolitos de navidad, y un alemán borracho cruzando la línea de fuego...
    Para que después digan que el espíritu navideño y el alcohol no sirven para nada...

    ResponderEliminar
  7. Pra que miren!
    con 4 cousiñas pequenas a onde se pode chejar!
    Un saudo Fer ;)

    ResponderEliminar