miércoles, 21 de septiembre de 2011

Fusilar a 14


Estábache eu nunha tasquiña en Cumiar a mandarlle unha taza de viño, cando fun testigo dunha conversación que andaba a rozar o surrealismo lógico sobre un fulano que morrera e que quería ser queimado.
A continuación vou a escenificar a charla que mantiveron nai e filla detrás da barra, mentras atendían os clientes con sendos mandiles de última generación.

A nai decía:

-Pero coma o van queimar por dios!
-Porque el dixo que quería que o queimaran.
-Pero dijo eu, e porque non vai pa un nicho coma dior manda home, a min pareceme mal.
-Mamá, se el dixo que cando morrera quería que o queimaran pois hai que facelo que pra iso foi a súa voluntad.
-Ah, mui ben, entón eu cando morra quero que fusilen a 14 e teñen que fusilalos que pra iso foi a miña voluntad tamén, non che parece?
-Tes unhas cousas tamén, como van fusilar a 14! a que 14 ademais?
-Iso inda teño que pensalo. Anda atendelle a Chiña que leva ahí un bo anaco que non sei que che quere.

4 comentarios:

  1. aí hostia, eso si que é ter voluntad, fusilar a 14, e non querer que te queimen por riba de morrer! estou totalmente de acordo,jaja. Vou facer a miña lista e a ver se me cumplen a voluntad

    ResponderEliminar
  2. Cando teñas a lista dima, seguro que non ten desperdicio

    ResponderEliminar
  3. Ahhhhhh, Iker Iker Iker !!! Voy yo hacer la mia tambien pero creo que los fusilare a besosss, vale ? ... muackkkk

    ResponderEliminar
  4. Pois xa a de haber uns poucos no paredón!

    ResponderEliminar