martes, 7 de julio de 2009

O mediodía da Luz


Unha tarde de vran, os catro rapaces da Encurcillada, andaban a brincar na eira pola hora do calor.
Era o día da festa da Luz en Meder e xustiño estaban a votar o mediodía.
Miraron uns pra os outros e decidiron non ser menos co fogeteiro, colleron unha caixa de mistos e dispuxéronse a votar o seu propio mediodía.
Arrimáronse a meda de herba que lles facía sombra, pois apertaba o sol, e empezaron coa súa festa.
O mais vello, Antucho, prendía o misto contra a caixa, a seguinte, Lucita, facía o son do foguete cando sube ó ceo, Teresa facía a primeira explosión e Alfonso mandáballe a retreta.
A cousa érache mais ou menos así:

-¡Shhhhhhhhhhh!
-¡Fiuuuuuuuuuu!
-¡Teu!
-¡Reteteteu teu teu reteteteu teu teu!

Nisto estaban entretidos cando escoitaron algo semellante ó vento que zoaba detrás deles.
Pois sucedeu ca un dos mistos caira na meda e prendera, co calor e a seca aquilo ardía que daba gloria.
Quedáronse os catro pasmados, como se miraran unha aparición, tanto que viróuselle o sentido redondo e non se lles ocorreu nada mellor que berrar:

-¡O lobo, o lobo!

Santiago, que estaba a durmir a sesta, saíu coma unha bala pola porta pra fora en calzóns e coa escopeta de caza na man.

-¿Onde está o lobo mighiños?

Así que mirou a meda a arder, subiu pra riba dela a quitar a herba os repelóns, mentres os rapaces fuxían coma coellos.

¡Pé de puta!

Foron chegando os veciños que miraran aquela luminaria e viñeran acudir con caldeiros de auga do regueiro, pero a meda ardeu toda.

Ata arderon os calzóns de Santiago.

Foi o mediodía da Luz, no que Santiago mais se cagou en dios.

3 comentarios:

  1. Mais isto é algo extraordinario!
    a colaboración dos veciños
    a hora de salvar catro palleiras
    en tanto que é o que lles daba de comer ó fin do día.

    ResponderEliminar
  2. Sempre quise encender una meda vaya espectaculo que pena que no estaba ahi jejejej un saludo O Inglés :)

    ResponderEliminar