miércoles, 30 de septiembre de 2009
Timba
Non che hai nadiña coma unha boa timba.
O remexer das cartas que se che pegan nos dedos,
pois pasáronas pola pedra todos os do Teleclú,
as caras de interesantes,
coma se estiveran en xogo as casas da Coruña
ou a túa propia muller,
cortar,
repartir,
anunciar,
Ó Truco, á Subasta, ó tute...
tanto ten,
¡Partidas fuertes!
todas elas.
Inda me salta o corazón cando voto unha redonda,
¿E se chejo á última carta, e non sae?
É igual
¡Cun par!
Teño perdido unha enchenta de caixas de cerveza
e ganado unha merenda.
E facer 130 sen cantar.
Gustaríame pasar mais tempo dándolle ós naipes
e menos traballando,
porque saco mais das cartas ca do choio.
¡Comer e merendar rapaces, Trabajo no quiero!
Eu, o meu botellín,
e o Chilo dándolle a volta o tapete pra desconxuralo.
Unha tarde de timba
¡e que chova!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
A mi siempre me gustaron más los trucos de cartas que las partidas debe ser porque siempre hago trampas cuando barajo jejejeje
ResponderEliminarXa mo parecía David Coperfield!
ResponderEliminarjejeje
iso son collóns!o demáis melindres...
ResponderEliminar