miércoles, 14 de abril de 2010

¿A qué hora sae o Titanic?




Cholo votou toda a mañán preguntando a qué hora saía o Titanic.
En cada bar no que paraba, mandáballe a sua fórmula e preguntaba o tema.
Xa tiña unha melodía coma un piano, pero inda había un par de tascas mais.

-Oe, ¿a qué hora sae o Titanic?
-Saéche ahí polas oito e pico
-¡Cajoendios, non me vai dar tempo!
-¿Pero ti vas nese barco?
-¡Entón!, vou, non vou ir.
-Mira que ese barco afunde
-¡U que ó!
-¡Que afunde quiu sei eu!
-¡É injual, eu teño aquí o billete e vou coma hai dios!.Ponme outra.
-Erache millor que quedaras aquí, vaste cajar en dios.
-Nada diso, ¿ti pensas que eu son parvo ou que? ¿entón toda a vida a traballar coma unha mona pra xunta-los cartos pra marchar pras américas, e ajora que teño o billete voullo dar a outro? ¡non oh!, ¡vou inda que afunda, coma me chamo Cholo que monto nesa puta merda e marcho a tumá pulu cú por ahí diante!
-Bueno, bueno, é cousa túa.
-E vótalle vermú, que isto está ajuado.
-Ajuado vas quedar ti.

2 comentarios:

  1. Que sepas que Cholo sobrevivió y acabó tomando o vermú en as americas....eso si no atopou chollo y vino de volta.

    ResponderEliminar
  2. Jajajajajajajaja,
    ¡sábeslle ben a historia!
    Cholo saía na peli de Titanic sabías?

    ResponderEliminar