viernes, 6 de agosto de 2010
Voltas de campana
O día que meu pai, miña irmán e eu nos aostiamos co coche , eu non levaba o cinto posto.
Miña nai xa me dixera:
-Fala co teu pai, que leva toda a semana a durmir pouco e anda achouchado.
Eu miraba pra el, pero non podía dicir que estivese mais despistado do normal.
Tiñamos que recordarlle a miúdo como nos chamábamos cada un dos seus fillos, xa que se non chamábanos a todos Mari.
Aquel día eu levaba o meu "wakaman", como dicía miña nai, e os cascos espetados nos oídos coa música de Jeff Buckley a todo tren.
Acompañaba a meu pai á estación a recoller a miña irmán, Mari, e eu dáballe corda pra que non quedase a durmir ó volante, non estaba mui segura de que estivera desperto de todos xeitos, porque meu pai ten os ollos pequerrichiños de cuidao.
Chegamos a estación e miña irmán chegara cun feixe de maletas que puxemos por todas partes, xa que o maleteiro estaba cheo de latas de aceite e fundas do choio.
Mari sentouse atrás.
Díxenlle que tiñamos que darlle leria o vello porque senón se nos iba.
Fixemos todo o camiño de volta pola autovía sin co meu pai dera señales de estar comatoso.
Cando chegamos a nosa salida, eu fixen unha cousa que nunca fago, quitei o cinto.
Empezamos a colle-la curva que leva a Taboexa, recordo que lle fixen unha pregunta ó meu pai pra comprobar que estaba desperto, total agora xa quedaban 100 metros pra chegar ó eido, el respondeume perfectamente, incluso con lógica.
Acto seguido estabamos dando voltas de campana.
Volcamos e eu din tumbos por todo o coche, quedei no techo debaixo dunha das maletas da miña irmán.
De pronto, silencio.
-¿Estades todos ben?-preguntei.
-Si...-dixo miña irmán, tembláballe a voz
-¿Onde estamos?-dixo meu pai.
Cojonudo, pensei, están todos vivos.
Dinme conta de que non podía mover as pernas, daquela miña irmán xa estaba gritando nerviosa fora do coche a lágrima viva.
Meu pai tamén saíra.
Eu pensaba "como Mari se entere de que non me podo mover dalle algo"
-¿Onde está May?-gritaba miña irmán.
-¿E túa nai?-contestou meu pai como se estiveran a xogar as adiviñanzas rimadas.
-Estou ben-dixen desde dentro do Saxo-xa vou pra fora agora dentro dun pouco, estou buscando as pilas do walkman.
Na fase de histeria da miña irmán non había sitio pra a lógica, así que colleu, agarroume polos ombros e sacoume a rastras do coche por unha ventanilla.
Perfecto, pensei, agora si que quedei tolleita de todo.
Quedei alí tirada no chan coma un mallo.
-¿Por qué non te levantas May?¿qué che pasa?-miña irmán estaba ó borde dun colapso.
-Aquí estou ben-dixenlle rindo-estase ben no piche, proba.
-Non, a ti pásache algo...¿non podes andar? ¡Díos mío quedache paralítica!
-¿Quen está paralítica?-quixo saber o meu pai.
-¡Que va! que estou cojonudamente aquí.
-¡Papá, axúdame a levantala!
Alá vai,calculei, a Mari vaille dar un ataque.
Efectivamente, en canto me ergueron e me soltaron volvín cair o chan,non podía estar de pé, miña irmán choraba, meu pai preguntaba se inda estábamos no Alcampo e eu ría.
Así estabamos cando parou un coche e despois de falar con nós pra ver como andábamos ofreceuse a levar á miña irmán á casa.
Quedamos eu e meu pai, eu arrastreime hasta unha pedra, trepei por ela e conseguín sentarme.
Meu pai inspeccionaba o coche.
-¡Joder!-dixo dalí a un pouco-o asiento do acompañante quedou esmagado entre a porta e o parabrisas completamente, o que fora aí sentado debeu quedar no sitio instantáneo.
-Papá, aí iba eu.-entón pensei que me salvara por quitar o cinto precisamente.
Nese momento deixei de crer nos anuncios da DGT.
-¿E que facías ti neste coche?¿con quen ibas?
-Co Rei de España, papá.
Entón chegou o señor que nos socorrera, meus irmáns, uns veciños e unha señora que parecía un tifón, bramando como unha tola e a quen nós chamábamos mamá.
Non sei cómo pasou, pero en canto mirei a miña nai, púxenme de pé e dediqueime a buscar as putas pilas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
jajajajajajajaja... menudo cuadro!!
ResponderEliminarXa che dijo, teño uns cuantos así
ResponderEliminarostia esta es buena y no me fijé en este entrada ya sé que no es para reir pero estoy a lagrima viva imaginándote buscando as pilas, que bueno jajajajajaj
ResponderEliminarPois eu rin bastante, supoño que porque estaba catatónica...
ResponderEliminar