lunes, 30 de septiembre de 2013

Es así


Se le ve feliz
se les ve felices
va todo bien
Una vida buena
está bien así
es así
Ella sonrie
Él también
todo bien
todo va bien
bien
bien

Suenan campanitas
sí.sí
campanas pequeñas y traviesas
en tu cabeza
nadie las toca
nunca
nunca
nadie.

ahí ya no hay nadie
pero está bien así
bien
bien
así está muy bien

Calcetíns



Estaban unha tarde de chuvia o Prosineski mais o Comedias a mandarlle uns viños na do Abel.

-¿Imagínaste ter uns calcetíns deses suaviños, que mete-los pes dentro e parece que che relaja o corpo todo?-dixo Prosi que levaba un tempo absorto.

-Home, eu se puidera faríame uns calcetíns de collóns de jato.-sentenciou o Comedias.

-¿Cómo? ¿de collóns de jato?-O prosi votou o viño pola narís.

-¡Ti sabes que cousa maravillosa!

-¡Ti tas parvo!

-Parvo o carallo, toquenllos unha vez o meu jato e quedei a abanicar chacho, ¡que tacto teñen eses bechos nos juevos! Ti imajínate iso o redor dos pes, ¡unha jloria!

-Ti tasme a joder ieu a pedir pras almas-dixo Prosineski

-¿Pero ti tocácheslle aljunha vez os collóns a un jato? inda non atopei ningunha muller tan suave.

-¡Ti non serás un zoológico deses!

-¡Mira que eres nifroso Prosi! non me esperaba eu isto de ti, anda, anda. -dixo o Comedias decepcionado.

domingo, 22 de septiembre de 2013

LIEBSTER AWARD


Ladies and Gentlemen:

O meu querido profe, Fernando Llor, que por certo ten un blog chuliño:http://guionistadebarrio.blogspot.com.es/ nominoume a un premio, o liebster award, e haiche unhas prejuntiñas que teño que responder, aproveito ajora que tou borracha:

1.- ¿Cuál es tu personaje de ficción favorito? ¿Por qué?
miña nai, porque me pariu.
2.- ¿Por qué haces lo que haces, es decir qué te motiva?
motívame o mismo ca todo dios que tamén fai a pera
3.- ¿A qué renunciarías por dedicarte a lo que de verdad quieres dedicarte?
se o supera outro jalo cantaría
4.- ¿De qué te arrepientes?
do traxe da primeira comunión
5.- ¿Es más fácil para ti ignorar un problema o enfrentarlo?
o caso é darse conta
6.- ¿Tú también le cortarías el cuello a toda esa gente enganchada al WhatsApp o eres de esos que dicen "es una aplicación muy útil"?
eu son macarra
7.- ¿Sin WiFi eres alguien?
Sí, son Isadora Duncan ou Amelia Earhart, as veces tamén son Dorothy Podberg
8.- ¿Cómo demonios hacen para meter los pimientos en las aceitunas?
Esas son preguntas de puticlub
9.- ¿Cuántas veces has dicho "mañana me pongo" y aún está por hacer?
Eu póñome sempre
10.- ¿Eres adicto al sexo?
Vease pregunta 9
11.- ¿Te caigo un poco peor por haberte nominado?
Imposible

Sólo se vive 1 vez

Rolo chejou coa Minisaia, así lle chamaba el o sin carnet que conducía.
Tiña unhas cortinas espetadas nas ventanas coa foto de varias fulanas sensuales en bikini,
según el, levavaas a pircina no vran, pero hoxe estaban castijadas.

Eu vira fotos del de novo e estaba buenísimo, parecía unha estrella de rock dos anos 60 con melenita lisa e pantalóns de campana, ajora lucía un super bijote que mollaba no tinto con muita precisión.

Estabamos na Tenda do Abel a mandarlle uns chatos, todos homes xa grandeiros e mais eu.

-Rolo, busca unha muller e cásate, así serás tan desjraciado coma nós.
-Non teño presa, inda son novo.
-Vas morrer solteiro, eche unha pena.-Díxolle o Puskas.
-¡A pena é non enviudar!¡Vota pra aquí a botella!

Enchémolas tazas como si no hubiera un mañana.

Apareceu o Ghose con pinchos pra todos, consistían en anacos de salchicha frita envoltos en queso, parece ser que disque tiña nova cociñeira e facía cousas innovadoras.


-¡Que merda é esta! ¿un anaco de pisa do can con mocos o redor?
-Son salchichas-contestou Ghose tranquilamente-probaas que están boas.
-Boa esta miña prima, ¡trae xamón ou chourizo!

O Ghose riu e marchou.

De súpeto o Rolo erjeuse coma un resorte e case vota o viño polo narís, mirou pro almanaque que estaba tras del na parede e empezou a contar os días frenéticamente.


-¡Me cajo en dios! ¿qué día é hoxe?
-Hoxe é 4-Dixo Abilio Buda por detrás do seu bandullo.
-Estamos en setiembre, 5, 6, 7...
-¿Qué andas a ver?
-Isto non me cadra.-Exclamou Rolo nervioso.
-¿Que che pasa Rolo? ¿Non che viu e rejla?-díxenlle eu, que empezaba a escojonarme imajinando que eramos todos unhas cheerleaders de instituto super preocupadas porque unha de nós estaba preñada e iba a perderse la super-final.
-Ta calado ostia estou a ver o cuadrante...


Despois de mover aquel bijote como si le fuera la vida en ello exclamou:


-¡Ah! xa se me parara o corazón, pero non, hoxe libro.


Mandoulle un trago largo e sentido ó viño e pediu outra.


-Rolo, faime caso, cásate.
-Olvídate, como di aquel cantante: sólo se vive 1 vez.

viernes, 6 de septiembre de 2013

O rapapisas


Andaba Santiago polo monte da Chan a coller toxo, levaba alí boa parte do día.
O monte da Chan é un monte grandeiro que chega ata a capilla da Ascensión.

Xa lle zorrejara duramente á botella de tinto que levaba pro almorzo e comera un anaco de pan con manteiga e azucre, padecía algo do estómago e aquel día andaba un pouco inglés, viñéronlle ganas de cagar así que arrimouse lixeiriño a un toxeiro e aliviouse alí coma un marqués.
Colleu para limparse un anaco dun fenteiro e así como pasou o fento por entre as pernas sentiu unha quentura criminal.

Nun principio non lle deu importancia, “xa me pasará”, pensou, pero aquilo non pasaba, non, aquilo fervía a rabiar, baixou os pantalóns e asistiu a un prodixio, pois tiña os collóns tan inchados que parecían ubres, estaban escocidos e amoratados, aquilo non era deste mundo.


-¡Me cagho en dios!


Cando chegou á casa chamou pola muller e ensinoulle aquela marabilla, contoulle que pasara un fento polo cu e Rudesinda díxolle que seguramente que houbera un rapapisas enganchado no fento e que fora a xunto de Amelia do Xil, que ela sabia corta-la pezoña e o mal de aire.

Alá se foi Santiago coas pernas abertas cara ó Xil, Amelia quedou parva cando viu aquela monstruosidade de collóns, agarrou un allo e persignouse, comezou a cortarlle rezándolle a tódolos santos e invocando tódolos aires malignos habidos e por haber.


“Córtote aire de sapo, aire de sapeta, aire de culebra, aire de culebrón...”

votou así tres días e cada día que ía alá, parecíalle a el que andaban mais veciñas polo eido de Amelia, casualmente na hora de cortarlle pezoña, coa escusa de levarlle ovos, aceite ou café.

O cabo de 9 días volveu ser un home normal.