domingo, 22 de septiembre de 2013

Sólo se vive 1 vez

Rolo chejou coa Minisaia, así lle chamaba el o sin carnet que conducía.
Tiña unhas cortinas espetadas nas ventanas coa foto de varias fulanas sensuales en bikini,
según el, levavaas a pircina no vran, pero hoxe estaban castijadas.

Eu vira fotos del de novo e estaba buenísimo, parecía unha estrella de rock dos anos 60 con melenita lisa e pantalóns de campana, ajora lucía un super bijote que mollaba no tinto con muita precisión.

Estabamos na Tenda do Abel a mandarlle uns chatos, todos homes xa grandeiros e mais eu.

-Rolo, busca unha muller e cásate, así serás tan desjraciado coma nós.
-Non teño presa, inda son novo.
-Vas morrer solteiro, eche unha pena.-Díxolle o Puskas.
-¡A pena é non enviudar!¡Vota pra aquí a botella!

Enchémolas tazas como si no hubiera un mañana.

Apareceu o Ghose con pinchos pra todos, consistían en anacos de salchicha frita envoltos en queso, parece ser que disque tiña nova cociñeira e facía cousas innovadoras.


-¡Que merda é esta! ¿un anaco de pisa do can con mocos o redor?
-Son salchichas-contestou Ghose tranquilamente-probaas que están boas.
-Boa esta miña prima, ¡trae xamón ou chourizo!

O Ghose riu e marchou.

De súpeto o Rolo erjeuse coma un resorte e case vota o viño polo narís, mirou pro almanaque que estaba tras del na parede e empezou a contar os días frenéticamente.


-¡Me cajo en dios! ¿qué día é hoxe?
-Hoxe é 4-Dixo Abilio Buda por detrás do seu bandullo.
-Estamos en setiembre, 5, 6, 7...
-¿Qué andas a ver?
-Isto non me cadra.-Exclamou Rolo nervioso.
-¿Que che pasa Rolo? ¿Non che viu e rejla?-díxenlle eu, que empezaba a escojonarme imajinando que eramos todos unhas cheerleaders de instituto super preocupadas porque unha de nós estaba preñada e iba a perderse la super-final.
-Ta calado ostia estou a ver o cuadrante...


Despois de mover aquel bijote como si le fuera la vida en ello exclamou:


-¡Ah! xa se me parara o corazón, pero non, hoxe libro.


Mandoulle un trago largo e sentido ó viño e pediu outra.


-Rolo, faime caso, cásate.
-Olvídate, como di aquel cantante: sólo se vive 1 vez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario