viernes, 6 de septiembre de 2013
O rapapisas
Andaba Santiago polo monte da Chan a coller toxo, levaba alí boa parte do día.
O monte da Chan é un monte grandeiro que chega ata a capilla da Ascensión.
Xa lle zorrejara duramente á botella de tinto que levaba pro almorzo e comera un anaco de pan con manteiga e azucre, padecía algo do estómago e aquel día andaba un pouco inglés, viñéronlle ganas de cagar así que arrimouse lixeiriño a un toxeiro e aliviouse alí coma un marqués.
Colleu para limparse un anaco dun fenteiro e así como pasou o fento por entre as pernas sentiu unha quentura criminal.
Nun principio non lle deu importancia, “xa me pasará”, pensou, pero aquilo non pasaba, non, aquilo fervía a rabiar, baixou os pantalóns e asistiu a un prodixio, pois tiña os collóns tan inchados que parecían ubres, estaban escocidos e amoratados, aquilo non era deste mundo.
-¡Me cagho en dios!
Cando chegou á casa chamou pola muller e ensinoulle aquela marabilla, contoulle que pasara un fento polo cu e Rudesinda díxolle que seguramente que houbera un rapapisas enganchado no fento e que fora a xunto de Amelia do Xil, que ela sabia corta-la pezoña e o mal de aire.
Alá se foi Santiago coas pernas abertas cara ó Xil, Amelia quedou parva cando viu aquela monstruosidade de collóns, agarrou un allo e persignouse, comezou a cortarlle rezándolle a tódolos santos e invocando tódolos aires malignos habidos e por haber.
“Córtote aire de sapo, aire de sapeta, aire de culebra, aire de culebrón...”
votou así tres días e cada día que ía alá, parecíalle a el que andaban mais veciñas polo eido de Amelia, casualmente na hora de cortarlle pezoña, coa escusa de levarlle ovos, aceite ou café.
O cabo de 9 días volveu ser un home normal.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Carallo co rapapisas !.
ResponderEliminarxa che dijo :)
ResponderEliminar