-Manda carallo coas novas tenologías chacho-escupiulle nun oido Pelímetro ó Señor Pitrinas-ajora miras ós rapaces sentados o redor dunha mesa e todos coa cabeza jacha a darlle a unhas teclas ¡Mimá!
-Sonche as cousas modernas-dixo o Pitrinas.
-¡Nin falan!
-¿Pra que? xa saben de que vai o choio-lanzou O Pitrinas dándolle un lapazo a cunca.
-O choio vai quedar sen facer ¿ou é que van pinar polo teléfono?
-¡Non te extrañes!
-Dentro de nada xa van falar todo por señas, dijocho eu, a facer fijuras pra ahí e o carallo. A facer virajanchos coa cara, como eses moticonos ou a cona, un ri outro chora e veña ¡fiesta!
-Son deses sotirficados.
-¿Sabe-lo que che dijo?, que hasta aquí chejei.
No hay comentarios:
Publicar un comentario