domingo, 27 de octubre de 2013

Apreta os puños


Unha das actuacións mais vangardistas do meu abuelo foi a que representou unha tarde de finais de primaveira.

Estiveran a mallar na herba e viñeran a axudar Antonio do Coto e tía Narcisa
Ese día facía moita bofa e todos baldrucaron viño e augardente a base de bien.
O noso avó levaba unha melodía coma un piano
e cando chegou a hora da merenda entraron todos na cociña menos el,
que quedou a quitar o curuto da meda enriba dunha escaleira,
pero el non contara con que o curuto lle andivera de roda e que o desequilibrara inda mais do que xa estaba,
así foi como caíu agarrado á escaleira no medio da herba mallada.

-¿Qué foi iso?, ¿Non sentíchedes un broucazo?-preguntou a nosa avoa.
-Sentín si, parece como que caíra un balado.-contestou Antonio do Coto, que sempre estaba a rir e a falar de cousas relacionadas coa súa pirola.
-¿Onde quedou Santiagho?-preguntou tía Narcisa- ¿Non quedou o redor da escaleira?
-Quedou,¡ti queres ver que Santiagho matouse da escaleira abaixo!

Saíron todos coma lumes pola porta afora.

-¡Santiagho!¡Santiaghoooooo!-berraba a nosa avoa.

Nada.

-¿Onde estás Santiaaaagho?-chamaba tía Narcisa.
-A escaleira parece que está alí no chan.-dixo Antonio do Coto.

Miraron cara alá e entón á nosa avoa pareceulle distinguir algo no medio da herba.

-¡Ai mamaciña, xa lle miro as puntas dos zapatóns a saír por entre a herba!

Efectivamente, alá se foron os tres, pero cando chegaron atoparon un panorama digno dun cadro surrealista.
Nosa avoa contábao sempre así:

“Cando cheghei onda el e mireille pra cara, ¡dior mío nunca esquecerei a expresión daquel rostro!, tiña a boca torta, os dentes voáranlle polo airo e os ollos colghábanlle por unha tiaciña encarnada ata a punta do narís.

Imagina isto e pono en práctica nunha realidad cotidiana.
A renglón seguido a miña abuela tipo Grison continuou:

Conócese que debeu levar un gholpe por detrás da cabeza tan forte que lle saíron os ollos disparados pra fora.
Votei as mans á cara pensando que estaba morto, pero parece que foi dios que me dixo:colle forzas Rudesinda, apreta os puños.
E apretei os puños e metinlle os ollos pra dentro como puiden, púxenllos no sitio así, así- aquí xesticulaba co seu propio rostro- e dinlle uns lambisques na cara pra que reaccionara, pero el non se movía, entón viu Antonio do Coto cunha botella de aghuardiente e démoslle pola cara e a beber e parece que reaccionou.
Abriu os ollos e mirou pra nós espantado, pero xa parecía co sentido todo.
Sen cambio, os dentes non llos atopamos nunca.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario