sábado, 12 de octubre de 2013

A única vez que estiven en Cuenca

Pois si, alá marchen eu pra Cuenca co meu cuñao,
disque casaba unha prima del e que alá eran unhas bodas da ostia e tal.

Chejamos pola mañán e nada mais entrar pola porta xa era aquilo un drama, que si o neno estaba malo, que si a sojra a chorar, que si o irmán estaba inda co chandal posto, que si a novia non se puidera peinar porque a peluquera taba borracha porque o home lle marchara cunha amija e tal e cual, vamos un cristo.
Meu cuñao espetoume a min o neno en brazos como se fora un fardo de herba.

-Da unha volta con el, eu vou levar a miña prima a peluquera.

E desapareceron todos da miña vista coma fuejos.
Alí quedei eu io anaco de rapás a mirar un pro outro.
¿Pero isto que é un neno ou un Casio?
O caso que collemos rumbo polo pueblo.
Parei nun bar no que andaban a tuma-lu vermú.

-Buenos días-dixen tranquilamente pousando ó neno na barra-un vermú.

Chupara uns catro vermús cando escuiten un barullo fora e saiu todo dios do bare a mirar uns touros que viñan a correr polo camiño.

-Son las fiestas del pueblo-díxome o home do bar-A correr las vaquillas.

Moi bien, pedinlle outro vermú a enredare e cambien o neno de lado.
Mandenllo de penalty.
Non choraba nada aquel neno, taba alí quietiño coma unha mandria.
Un rapás así da justo.

Salimos xustiño cando aquelas touras enfilaban pola calle do bar, ¡ah carallo!
¡ollo vivo pe lijero!
ajarren o neno debaixo do brazo coma eses que xojan o rubi e apretén a correr por ali abaixo
coma un tolo.

Mirei un trator a enfieime eu mai-lo neno alí debaixo ata que pasaron as tales vaquillas do carallo.
Puxémonos perdidos de lama, eu non tiña outro traxe pra ir a boda, así que bueno, tomeino con calma.
Pousén ó neno enriba do trator e limpeime un pouco como puiden.
Apareceu unha muller por unha porta e así como me viu xa me chamou.

-¿Se ha caido usted? venga que le limpio la ropa.

Alá fun eu, tiña a casa cheíña de santos e cheiraba un pouco a laca.
Frejou en min canto puido.

-Y entonces usted no es de aqui ¿verdad?
-Pues no-contestei-¿Y usted?

Non me dixo nada, sejiu dándolle ó traxe.

Pra cando sain pola porta iba limpo coma unha patena.
Entón fijeime que o trator xa non estaba.

Quedei un bo anaco coa boca aberta.

-¡Ajora si!-exclamei no medio de Cuenca-A peluquera borracha, a novia solteira, o Casio a dar voltas nun trator ieu frejado dariba a baixo.Tenche razón meu cuñao, aquí as bodas sonche a ordia.






No hay comentarios:

Publicar un comentario