martes, 22 de octubre de 2013

Todo Jabalí


Meu pai sempre tivo unha obsesión cos jabalís.
As veces cando me levaba po colegio polas mañans e se cruzaba aljún por diante do coche,
decíame entre dentes sen apartar a vista del:

-¡Ajárrate!

Entón dáballe jas ó coche e embestíao coma un profesional.
Era superior a el.

Aljunha ves teño viaxado con aljún deles ós meus pes, mentras repasaba a lección.

-¡Vijílao, e se miras que se move arréalle!

Así chejaba eu a clase, cheirando a porco bravo.

Tamén sucedía isto aljún domingo que ibamos todos a dar un paseo co coche ben vestidos.
Xa estabamos adiestrados e cando chejaba o momento xa estabamos todos ajarrados coma fieras antes de que meu pai abrira a boca.
Unha ves tiven que deixarlle o meu asiento a un de camiño a unha boda.

Ten un radar pra eles que hai que quitarse o sombreiro,
é capás de sentilos así estén a varios kilómetros de distancia.
Soña con eles.

Tenlle marchado da cama a miña nai aljunhas noites, escopeta en man, a buscar o jabalí no monte.
Unha noite atopeno escondido detrás dun carballo vestido cun salto de cama e facéndome fijuras pra que liscara dalí que lle espantaba "o becho".

Unha ves estabamos a seja-la herba pra meda e de repente meu pai desapareceu, a renglón seguido apareceu a cabalo dun porco bravo bramando coma un vikingo, polo que nos deu tempo a ver, iba rillándolle unha orella.

Esa noite non viu cenar.
Apareceu o día sijiente semidesnudo cunha ourella de porco na man.
Pra desafojarse podou unha fijeira a tiros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario