domingo, 11 de enero de 2015

A mallar

Andaba eu daquela a facerlle as beiras a unhas irmáns de Lentille.
Tanto me tiña unha coma outra.
Eu era así, un jíbaro.

Tiña un cabalo que lle chamaba Cristo e era bo aquel cabalo, non era moi terco,
debía ter casado con el no canto de facelo coa filla do Lambretas.

Chejaba eu montado en Cristo ó eido das periquillas,
xa as mirei alí no medio da eira as dúas e maila nai.
Foi velas e empezar a puxar pola pitrina pra baixo.

Escondinme eu io cabalo detrás dun mato e púxenme a espreitar a ver cando alambraba a vella.
Andaban a malla-la herba as tres no cuberto.

-Mamá, deixe que xa mallamos nós, usted vaia a atenderlle a papa que me pareceu que andaba a chamar.-díxolle a Lolita, que era a máis vella.
-Teu pai que espere que tamén espero eu por el ás veces.
-Prestaban ajora unhas sopiñas de viño, ¿non eh?-dixo a Rosita-¿A usted non lle apetecen?
-A min apeteceme todo, ¿E a vós?
-Eu mándaballas si, ¿E tí Lolita? ¿Queres unhas sopas?
-Entón quero, como non vou querer.
-¡Ai, queredes! moi bien, entón xa vos deixo ahí a enredar cun aquel home que ta alí escondido, que ben o vin chejar-dixo a vella sin siquiera mirar pro mato-que veña un home a querer pinarme as fillas inda bueno, pero ¿Pra quen é o cabalo?

Deixaron de mallar todas a un tempo e miraron po mato, eu collín a Cristo e fuxin dalí coma un fuejo, pero non sei quen montaba a quen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario