Rogelia e Costodio andaban de ruta co Talbot Samba.
Aquel coche era a ostia, parece ser que se puña a 240 nun viralamano,
de feito sólo foron adiantados nunha ocasión por outro Talbot Samba.
-E ten unha suspensión da Virgen-recalcaba Costodio-que nunha volta atopamos uns jabalís e pasaron todos por baixo do coche sen tocalo.
-Eu inda votei un bo anaco de tempo a pasarlle a un deles a man polo lombo, acariñei nel ata Gargamala-rematou Rogelia.
Alá onde miraban un teleclú votaban o freno de man e veña, ¡a rejo cheo!
Pasaron un día por un que tiña un cartel ben jrande coas palabras mágicas.
-¡Ostia en dios, ten que ser un teleclú dos potentes que ata teñen o cartel coas luces dos puticlus!
A recú xa por alí pa dentro.
-¡Ladrillo cara a vista!-oubeou Rogelia-¡isto promete!
Entraron por aquel pasillo pra diante como unha horda de vikingos, en modo automático.
Toparonse cun surtido de raparijas pequenas a tocar uns palitroques e unha señora que as jiaba.
Obviaron este detalle ampliamente.
-¿Onde está a barra?-espetoulle directamente Rogelia á señora dos paus.
-¿Cómo?
-A barra do bar-especificou Costodio-¿Ula?
-¿Perdón?-a señora miraba pra eles como quen está diante dun porco con corbata.
-¿Non é este o teleclú?-clarificoulle despacio Costodio dándose conta de que a señora non debía ser ben.
-Si, este é-contestou mentras sinalaba hacia a explanada de nenas, cousa que eles tomaron como un síntoma de que aquela muller estaba jodida da cabeza pero bien.
-¿Entón?- a Rogelia xa estaba frenética a buscar a barra poriba da recua de rapazas, que pararan de darlle ós paus e miraban pra eles cos ollos coma rodas de muiño-¿A barra?
-¿A cantina?-traduciu Costodio nun momento de lucidez.
-Non hai.
Rogelia experimentou un síncope.
Volveu en si uns instantes pra decirlle a Costodio:
-¿Cantas levamos xa?
A señora dos paus deu media volta, fixo un gesto e veña tódalas nenas a darlle ós palitroques de novo como se tal cousa.
-¡Había que prenderlle lume a isto todo!-Bramou Costodio espumeando xa pola porta fora-¡non merece chamarse teleclú!
Iban endinados coma demos do inferno, as súas mentes non eran quen de asimilar esa información, varias venas inchábanse en diferentes partes da súa anatomía.
-¡Me cajo na santísima!- era ó máximo que articulaban.
Costodio, abriu o maleteiro e sacouse unha corda, atouna ó coche e lojo ó cartel luminoso.
Prendeu un pitillo.
Sentouse de copi votando o fume pola narís.
Chiscoulle un ollo a Rogelia e díxolle:
-¡Arrea!
Rogelia jas a fondo xa, arrancou en terceira incluso.
O Talbot Samba votou lume hasta, pero chejaron arrastro ata Empiade co puto cartel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario