jueves, 5 de noviembre de 2015

106


Unha ves janei unha jitarra no tiro ó pichón.
A partir dahí xa todo foi costa baixo.

A última aventura foi cando tiven que comprar un coche despois de que lle deran polo cú o meu 205 impecable,
quedou siniestro completo, inda lle puiden salvar un paquete de jalletas e un funil.

Adquirin un flamante 106, que pertenecía a un vivalavirgen de muito carallo, o coche tardou en arrancar tres días, pero o cuarto xa co motor en marcha, fixémolo trato.
El quedouse coa radio, que era a única peza de valor daquel auto.
A cambio, chupou a ventosa dun parasol cheo de unto que tiña nunha ventana e espetoullo contra o cristal, escorrejou un fío de baba chulísimo pola ventanilla, entendín que era así como pechaba o nejocio.

Eu fora velo co mecánico, que lle deu o visto bueno e explicoume como tiña que proceder pra pasar a ITV con soltura.

-Se ves que non che van os intermitentes, péjalle catro patadas por baixo da dirección. É millor que vaias un anaco pola general e vaille pisando o freno pra que destrabe, se cheiras a queimado baixa a ventanilla. Se non che encende, bótate costa baixo e non pares. E tíralle du aire.

Xa nin costa baixo nin ostias, encender e morrerme o auto foi todo un.
Deume tempo de baixalas ventanillas e trau.
Botei de menos non ter un pitillo ou unha jranada de man.

Como é normal cada vez que tiña un percance, deume por tronzar, abrin o capó por facer aljo, pero non era capás de saír pra fora do ataque de risa que tiña.
Claramente eu non son ben.

Alí apareceu a miña veciña Subjetiva du Ril a darme as buenas tardes.

-¿Entón qué, non che vai o coche?
-Vai perita, eu tou aquí a tumalo aire un zijallo.
-A verdad, eu non o dijo por mal, pero este coche hasta lle mete mala vista ó barrio, podes deixalo aberto que non cho rouban.


Xa mo dixera miña nai o día que me mirou chejar arrastro con el, só me dirijiu estas palabras:

-Eres lo puto peor.

O caso, alí estaba eu, martillando nos bornes a enredar, nisto para miña prima e sóltame:

-Oiches, cando poidas pásame o CD dos Pérez e o de Nino Bravo.
-Feito.
-Ta lojo.

E ahí vai. Dalí a un chico apareceu o milpés, miroume a broucar na batería e sentenciu:

-Tira con iso, iso non é un coche nin farrapos de jaita, era millor que foras mandarlle unha chiquita ó bar.
-Eu xa lle dixen que valía máis que lle prendera lume-Dixo Subjetiva.
-Vota cona, iso nin arde.

Nisto xa se aproximaron o Marcial do Coto, Amelia da Chiña, Quilimente do Loureiro, en fin, unha manada de xente,
cada un deles a votarlle plajas o 106 e máis a min por mancillar a estética do entorno.

-Buuu, pero a isto caelle a pintura toda do capó.
-Iso xa solo pra facer nel un jaliñeiro.
-Nin iso.
-Por muito que brouques se non ten dir, non vai-Dixo Marcial referíndose a sabe dios que.
-Ó millor danche aljo por el na chatarra.

Eu sabía ca nin na chatarra nin ostias, xa valía máis o desplazamento co caldeiro.
Pero me cajo en dios, era meu coche.

-¡Voume cajar en cristo divino xa!-barritei no medio daquel serán-¿non votan nada na tilivisión ou que?


No hay comentarios:

Publicar un comentario