miércoles, 9 de diciembre de 2015

Libertina

-¿Oiches, Ti sabes quen lle puxo a vos a E.T.?

Isto xa nada máis entrar porta dentro.

-Non.
-Unha fulana argentina de 95 anos que fumaba como unha carreteira.

A de Libertina era un local rancio, destes que se che pejan os pes ó chan.
Chejabas alí, petábaslle na porta e veña, saco de terciarilla e birra, tetilla de fai 20 anos, e sulfato de cobre.
Libertina era un desafío á jravedad, tiña un volumen que nin Júpiter, pero andaba en bicicleta.
Un día, pedínlle, por favor, que me deixara tocarlle o cutis.
Accedeu.
Era ablanquichada, elejante, sotirficada, pero de luto.
Mans de pianista.
Regentaba unha tenda bar onde inda podías topar mirindas e pernil da casa ó lado dunhas pantufas.
Eu taba namorada dela, ou do expositor, non sabría decir.

Tiña sempre aljunha anétoda, un día por ejemplo, contounos que eran así como as 6 da mañán e petáronlle na porta:

-Abro e tópome co Jilguero, tiña unha melodía que nin dios, e dijolle eu, ¿qué fas aquí?, e vai e contesta todo teso, "Eu quero pinar", cunha desfachatez que nin a virgen.
-¿E que lle contestache?
-Pasa.


Chejamos alí un día, e involucrámonos no ambiente, pedimos así mismo unhas jasiosas, a enredare,
pero a Libertina andaba distraída, tiña uns pormenores.

-Ai meu jatiño, fai que non o miro xa uns días, non sei onde pode estar.
-¿Perdeche o jato?-Pasouseme pola cabeza que aljén o secuestrara pra facer uns calcetíns.
-Pois perdín
-Ta bo, non te aflijas e saca ahí unhas jeineker-Fixemos jala dunha sensibilidad dina dun aristócrata.


Libertina abriu a neveira, desilusión, alí sólo habia uns juantes de joma e un alicatex.

-Non vos procupedes que no congelador seica hai.

A renjlón sejido abriu o congelador e alí topouse unha sospresa.

-Ay, mira onde estaba-dixo sacando un jato teso polo rabo-meteuse no congelador, é un impertinente-sacouse tres jeinekers daquela sepultura e espetounolas diante ó tempo que pousaba o cadaver na barra a modo de pincho.

Porque nós non éramos nifrosos, chejan ser outros e jomítanlle no pienso.

-A vida ten estas cousas, ¿non si?
-A vida é criminal.
-É mirmo, pero nós somos máis. Inda onde participei nun acto sexual coa filla do Cholo, e quen mo iba decir.

Inda tábamos atrajantando polo narís cando a Libertina xa desaparecera do escenario a rir, era así.
Unha centella.



No hay comentarios:

Publicar un comentario