martes, 9 de febrero de 2010

Moo



Moo estaba a pensar en "cousas"

Durmía pouco porque tiña medo de estar a perderse algho interesante mentras tanto.

Tiña a casa chea de importantes trangalladas inútiles,
baules vellos, unha enchenta de libros e un compás vikingo.

Aghora mismo andaba a darlle fino a unha botella de Black Bush
e matinando no xeito de convertirse na Reina de Europa.
A noite antes finjira ser Lillian Gish na "Noite do cazador"
e pasara toda a noite sentada nun banco cun rifle á espera do home AMOR-ODIO.
Non viu.

"Éche mui limitado ser sempre un mismo
justaríame ser outra persona
unha diferente cada día, sempre.
¡Esta vida quere outra!
Mañán podería espertar sendo un rapás de California
ou unha jicha de Varsovia"

Mandoulle outro tragho.

"É perde-lo tempo pasar cen anos sendo a misma persona"

Inda que por fora tivera millóns de arrughas e o pelo blanco, Moo érache noviña.

"¡A puta Reina!"-bramou Moo, mentras caía da silla outra ves.

2 comentarios: