miércoles, 9 de diciembre de 2015

Libertina

-¿Oiches, Ti sabes quen lle puxo a vos a E.T.?

Isto xa nada máis entrar porta dentro.

-Non.
-Unha fulana argentina de 95 anos que fumaba como unha carreteira.

A de Libertina era un local rancio, destes que se che pejan os pes ó chan.
Chejabas alí, petábaslle na porta e veña, saco de terciarilla e birra, tetilla de fai 20 anos, e sulfato de cobre.
Libertina era un desafío á jravedad, tiña un volumen que nin Júpiter, pero andaba en bicicleta.
Un día, pedínlle, por favor, que me deixara tocarlle o cutis.
Accedeu.
Era ablanquichada, elejante, sotirficada, pero de luto.
Mans de pianista.
Regentaba unha tenda bar onde inda podías topar mirindas e pernil da casa ó lado dunhas pantufas.
Eu taba namorada dela, ou do expositor, non sabría decir.

Tiña sempre aljunha anétoda, un día por ejemplo, contounos que eran así como as 6 da mañán e petáronlle na porta:

-Abro e tópome co Jilguero, tiña unha melodía que nin dios, e dijolle eu, ¿qué fas aquí?, e vai e contesta todo teso, "Eu quero pinar", cunha desfachatez que nin a virgen.
-¿E que lle contestache?
-Pasa.


Chejamos alí un día, e involucrámonos no ambiente, pedimos así mismo unhas jasiosas, a enredare,
pero a Libertina andaba distraída, tiña uns pormenores.

-Ai meu jatiño, fai que non o miro xa uns días, non sei onde pode estar.
-¿Perdeche o jato?-Pasouseme pola cabeza que aljén o secuestrara pra facer uns calcetíns.
-Pois perdín
-Ta bo, non te aflijas e saca ahí unhas jeineker-Fixemos jala dunha sensibilidad dina dun aristócrata.


Libertina abriu a neveira, desilusión, alí sólo habia uns juantes de joma e un alicatex.

-Non vos procupedes que no congelador seica hai.

A renjlón sejido abriu o congelador e alí topouse unha sospresa.

-Ay, mira onde estaba-dixo sacando un jato teso polo rabo-meteuse no congelador, é un impertinente-sacouse tres jeinekers daquela sepultura e espetounolas diante ó tempo que pousaba o cadaver na barra a modo de pincho.

Porque nós non éramos nifrosos, chejan ser outros e jomítanlle no pienso.

-A vida ten estas cousas, ¿non si?
-A vida é criminal.
-É mirmo, pero nós somos máis. Inda onde participei nun acto sexual coa filla do Cholo, e quen mo iba decir.

Inda tábamos atrajantando polo narís cando a Libertina xa desaparecera do escenario a rir, era así.
Unha centella.



jueves, 5 de noviembre de 2015

106


Unha ves janei unha jitarra no tiro ó pichón.
A partir dahí xa todo foi costa baixo.

A última aventura foi cando tiven que comprar un coche despois de que lle deran polo cú o meu 205 impecable,
quedou siniestro completo, inda lle puiden salvar un paquete de jalletas e un funil.

Adquirin un flamante 106, que pertenecía a un vivalavirgen de muito carallo, o coche tardou en arrancar tres días, pero o cuarto xa co motor en marcha, fixémolo trato.
El quedouse coa radio, que era a única peza de valor daquel auto.
A cambio, chupou a ventosa dun parasol cheo de unto que tiña nunha ventana e espetoullo contra o cristal, escorrejou un fío de baba chulísimo pola ventanilla, entendín que era así como pechaba o nejocio.

Eu fora velo co mecánico, que lle deu o visto bueno e explicoume como tiña que proceder pra pasar a ITV con soltura.

-Se ves que non che van os intermitentes, péjalle catro patadas por baixo da dirección. É millor que vaias un anaco pola general e vaille pisando o freno pra que destrabe, se cheiras a queimado baixa a ventanilla. Se non che encende, bótate costa baixo e non pares. E tíralle du aire.

Xa nin costa baixo nin ostias, encender e morrerme o auto foi todo un.
Deume tempo de baixalas ventanillas e trau.
Botei de menos non ter un pitillo ou unha jranada de man.

Como é normal cada vez que tiña un percance, deume por tronzar, abrin o capó por facer aljo, pero non era capás de saír pra fora do ataque de risa que tiña.
Claramente eu non son ben.

Alí apareceu a miña veciña Subjetiva du Ril a darme as buenas tardes.

-¿Entón qué, non che vai o coche?
-Vai perita, eu tou aquí a tumalo aire un zijallo.
-A verdad, eu non o dijo por mal, pero este coche hasta lle mete mala vista ó barrio, podes deixalo aberto que non cho rouban.


Xa mo dixera miña nai o día que me mirou chejar arrastro con el, só me dirijiu estas palabras:

-Eres lo puto peor.

O caso, alí estaba eu, martillando nos bornes a enredar, nisto para miña prima e sóltame:

-Oiches, cando poidas pásame o CD dos Pérez e o de Nino Bravo.
-Feito.
-Ta lojo.

E ahí vai. Dalí a un chico apareceu o milpés, miroume a broucar na batería e sentenciu:

-Tira con iso, iso non é un coche nin farrapos de jaita, era millor que foras mandarlle unha chiquita ó bar.
-Eu xa lle dixen que valía máis que lle prendera lume-Dixo Subjetiva.
-Vota cona, iso nin arde.

Nisto xa se aproximaron o Marcial do Coto, Amelia da Chiña, Quilimente do Loureiro, en fin, unha manada de xente,
cada un deles a votarlle plajas o 106 e máis a min por mancillar a estética do entorno.

-Buuu, pero a isto caelle a pintura toda do capó.
-Iso xa solo pra facer nel un jaliñeiro.
-Nin iso.
-Por muito que brouques se non ten dir, non vai-Dixo Marcial referíndose a sabe dios que.
-Ó millor danche aljo por el na chatarra.

Eu sabía ca nin na chatarra nin ostias, xa valía máis o desplazamento co caldeiro.
Pero me cajo en dios, era meu coche.

-¡Voume cajar en cristo divino xa!-barritei no medio daquel serán-¿non votan nada na tilivisión ou que?


sábado, 28 de marzo de 2015

Terranova


O primeiro que chejou ó continente americano non foi Colón, nin ostias, foi un Vikingo chamado Erik o Rojo.
Sejún a wikipedia foi cousa meditada e planificada, pero o choio non pasou así.

Islandia 985 d.c.
Unha recua de vikingos sejados iun can.

-¡Cajo na cona que me votou! eu xa nin miro.
-Vota cona, tas chuzado coma min, ieu inda sei onde teño os pes.
-¿Onde ta aparcado o puto Drakkar?
-Deixámolo en doble fila ¡ia tumá!
-¡En dios!, non se mira nadiña.
-Eu inda lle mandaba outra, así a enredare-Dixo o tal Erik
-¿Onde imos ir ajora co esta puta melodía mijo?
-Tiramos millas e veña, onde espetemos mirmo.
-Eu non tou pra conducir.
-Que conduza O Neno que acaba de sacalo carné.
-¡¿U ke?!, ti tas jamado, xa o outro día aparcou o barco como lle saiu dos juevos e tivemos que arrasar aquela puta aldea na llama, non me jodas, nin tempo me deu de darlle un presupuesto aquela rubia.
-Xa llo din eu.
-Pois eu así pro eido non vou.
-Aquí ou imos todos ou vou ter que sejar cabezas.
-Ostia, non fai falta alporizarse, imos onde sea, veña, colle as chaves do Drakkar e arranca.

Así foi coma arrearon aqueles héroes, sin rumbo e deron en topar cun novo continente que lojo foron outros a porse medallas sin sentido ninjún.

-¡Ostia divina!-dixo Erik-¿pero onde cona estamos?
-Buuuuuuu
-Non fajades barullo que O Neno quedou de broco.
-Buenoooo, hoxe aquí non clava nin dios.
-Cuidao atrás que eu traio unha fame nejra.


jueves, 15 de enero de 2015

7

-Entón, ¿hai sete mulleres por cada home?
-Disque.
-¿E onde están as outras seis?
-¿Por qué?
-¡Pra mandalas á merda!

domingo, 11 de enero de 2015

A mallar

Andaba eu daquela a facerlle as beiras a unhas irmáns de Lentille.
Tanto me tiña unha coma outra.
Eu era así, un jíbaro.

Tiña un cabalo que lle chamaba Cristo e era bo aquel cabalo, non era moi terco,
debía ter casado con el no canto de facelo coa filla do Lambretas.

Chejaba eu montado en Cristo ó eido das periquillas,
xa as mirei alí no medio da eira as dúas e maila nai.
Foi velas e empezar a puxar pola pitrina pra baixo.

Escondinme eu io cabalo detrás dun mato e púxenme a espreitar a ver cando alambraba a vella.
Andaban a malla-la herba as tres no cuberto.

-Mamá, deixe que xa mallamos nós, usted vaia a atenderlle a papa que me pareceu que andaba a chamar.-díxolle a Lolita, que era a máis vella.
-Teu pai que espere que tamén espero eu por el ás veces.
-Prestaban ajora unhas sopiñas de viño, ¿non eh?-dixo a Rosita-¿A usted non lle apetecen?
-A min apeteceme todo, ¿E a vós?
-Eu mándaballas si, ¿E tí Lolita? ¿Queres unhas sopas?
-Entón quero, como non vou querer.
-¡Ai, queredes! moi bien, entón xa vos deixo ahí a enredar cun aquel home que ta alí escondido, que ben o vin chejar-dixo a vella sin siquiera mirar pro mato-que veña un home a querer pinarme as fillas inda bueno, pero ¿Pra quen é o cabalo?

Deixaron de mallar todas a un tempo e miraron po mato, eu collín a Cristo e fuxin dalí coma un fuejo, pero non sei quen montaba a quen.