miércoles, 13 de mayo de 2009

Sete artistas no medio das pistas




BERTOLOMEU (1815-1909)

Bertolomeu (Albeos 1815 – Cequeliños 1909). Deste artista total dicíase que facía os bocetos á machada. Nado nunha familia tan humilde que non chega a coñecer, tivo Bartolomeu unha infancia casi salvaxe que derivou nunha vida frenética e azarosa. A súa formación é esencialmente autodidacta e comenza, que saibamos nós, co seu 1º oficio que foi o de xornaleiro (“comecei a ler ós escambros”). Tras unha corta e escura viaxe a Cuba (1833-1838) onde traballa de mucamo, volta coas pilas carregadas de xeito tal que de aquí en diante non ten parada.
1839 – Estudia e desenrola diversos tipos de encofrado. Contrata indiscriminadamente cuadrillas de perliteros.
1840 – Inventa o mallazo, perfecciona o piazás.
1841-47 – Extruga, corruga e extrusiona. Funda “O bocoi” (1843). Disque lle oen falar en soños do “guatelé”.
1848-51 – Descubre por casualidade o moquero. Acuña o termo “ferralla”. Cando retella o solar natal dubida entre tella plana ou mixta; ademáis esixe unhas bridas, descoñecidas aínda naquel entón.
1852 – Flamea, apicona e apomaza. Traballos en estuco.
1853 – Comenza a abujardar por libre. Realiza interesantes ingletados.
1854-1861 – Nesta tempada céntrase nuns escritos para a elaboración da “1ª tarima flotante do Condado”. Abandonaría o proxecto, asqueado, no 61. De ahí en diante, ata o 69, traballa en Portugal como empreiteiro pra sanea-la economía. Fala con naturalidade do sargento e da mordaza.
1870-73 – No cárcere por isto último. Publica “¿Quen tomou esta plaqueta?” (1872) costeado por él mesmo e que é vítima da indiferencia xeral. Descubre o chiclé e o cliché.
1873-1890 – Asume frenéticamente a súa liberdade. Sen tomar 1 respiro comeza encofrando totalmente o solar natal, a súa obra mestra, ademáis de bolear, nifar e inxectar persoalmente noutros proxectos paralelos.
1891-93 – Cobra unha paghiña de axuda da Agrupación de Pretensados en Buenos Aires. Preside 1 seminario sobre o pladur.
1895-1901 – Escribe, sobre todo: “1/2 caña” (1896)- AUTOBIOGRAFICA, “Velux” (1898)- POEMAS e “O Vaporizador Atomizante” (1901)- CIENCIA-FICCION.
1902-1908 – Crea o poliexpan. Galvaniza unha garlopa.
1909 – Morre en Cequeliños. Deixa escrita a palabra “formatear”.


M.A.L.

2 comentarios:

  1. Ben,
    a nosa organización tamén ofrece un soño:
    O pazo do século XVIII-XIX, Europa central. Fin das visitas turísticas. Chove, non moito. Isaackbruno senta nun pórtico, fuma e fala checo. "Jo, tro-chu už-mi-to-jde," dice mellorando con cada palabra, "prostě kouříš, potáhneš, za chvíli znova, díváš se." E o fume desaparece.

    ResponderEliminar
  2. ¡Ay meu amigho!
    Xa me gustaría a min saber Checo...

    ResponderEliminar