viernes, 19 de junio de 2009

Mincho (1982)



Naceu na Funeraria no 1982. Aficionado ás caghetillas de Winston, Mincho ten unha visión simplista do mundo que reflexa nas suas obras: “NON VALEDES PARA NADA” (1997) e “CUBALIBRE” (1999).
Traballa encofrando con contrato de aprendizaxe, coa continua ameaza de que o xefe lle desconte horas ó final do mes e lle “foda o choio”. Isto fai del un artista inquieto.
Gústalle fumar pitillos pola sombra e a subasta das varas.
Coa súa última obra: “BOTELLINS” (2002) eleva á máxima potencia o icono por excelencia das masas traballadoras.
Os seus 20 anos aspira a que lle dean unha paguiña e vivir sen meterse con nadies.
Asiduo dos controis de alcoolemia, foi detido por colisionar varias veces contra o mesmo guardia civil. Para non alarmar os seus pais finxiu un secuestro e chamou do cuartel dicindo: “Papá, estou ben, manda botellíns”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario