jueves, 19 de febrero de 2009

Dormila-mona


Certo día, un rapás da parroquia, que andaba bastante mamado por outro lado, botouse a dormi-la mona na beiriña da carretera que pasa polo teleclub.

Era un viernes pola noite e andábamos todos de farra.

Cando os compañeiros se deron de conta de que había un fulano deitado no chan, borracho perdido, e que ademais era da parroquia, tomaron cartas no asunto, xa que era un peligro que estivera tirado na carretera naquela oscuridade.

Meu dito, meu feito, plantaronlle duas sinais triangulares de peligro chulísimas, unha nos pés e outra na cachimonia, pra que os conductores, potencialmente mamados tamén, miraran aquel bulto señalizado correctamente, e non houbera unha desgracia.
- "O caso é non levar un jolpe"-decía O Chilo.

Cando ó rapás despertou do seu magnífico sono, mandoulle unha patada os triangulos, porque se asustara deles, "Aquilo metíase nun",declarou lojo no bar, e marchou a interrumpi-lo tráfico pra outro lado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario