sábado, 23 de abril de 2016

Irmáns a manadas

¡Como vaia ahí vades saír polo tellado coma ratos!

Era o que nos decía o noso pai, casi non facía falta porque eramos unha recua de irmáns e ben podía ser que acabaramos saíndo polo tellado sin muito esforzo.
Cando ibamos de festa,por ejemplo, tiñamos que repartirnos entre varias, porque se chejábamos a cadrar todos na misma o torreiro era noso.

Durmíamos no fallado, pra un lado os homes e pro outro as mulleres, lojo estaba a nosa irmán Chita que era aljo indefinido.
Era como un cabalo, estaba a deixarse bijote, que disque lle justaba lapalo na hora da merenda, nunca lle mirei posta unha saia, andaba co mono do choio do noso pai, ou en chandal, cada ves que nós andábamos a porpararnos pra ir de festa soltábanos frases do estilo:

-¿Qué pandorcas, andades a buscar o apretador que puxa polas tetas pra riba?

ou

-Dádelle outra capa de barnís que inda se vos mira a cara.

Era tan femenina coma un capador de porcos.

Certo día a nosa irmán Iluminada intentou depilarlle as cejas, viu de volta cun ollo morado e decindo que teríamos que pechar a esa besta na corte do jando.
Nunca o fixemos.
Tiñámoslle cariño ó jando.

Unha noite chejou o eido apupando a dios dar e levando ás costas varios kilos de costilletas que janara a botar pulsos, sejún dixo.
Á nosa nai non lle chejaban as mans pra presinarse.

O día da primeira comunión hubo que atala entre varios pra espetarlle o vestido.
Traboulle ó cura cando lle foi dala ostia como era de esperar.
Na foto do album non sae ningún de nós sin aljún rabuñazo na cara ou un dente partido.

Ajora si, pra dar o servicio do sulfato non había outra coma ela.

1 comentario:

  1. É un relato precioso, maravilloso, coma todo o que ti creas. Es máxica!!

    ResponderEliminar