Mostrando entradas con la etiqueta "anétodas". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta "anétodas". Mostrar todas las entradas

viernes, 31 de diciembre de 2021

Mateino cas miñas mans

As veces e por circunstancias da vida conoces a xente a quen nunca lle falarías, e esta entra no teu círculo de "amistades" sen que te deas de cuenta. 
Cando tiña dezasete anos conocín a un asesino. 
Era un home xa maior que botara catorce anos en Monterroso por matar a un compañeiro de traballo.

 "Mateino cas miñas mans", decíame e eu non sentía medo. 

Aquel home que sempre fedía a callos parecíame a cousa máis indefensa do mundo. 
Dudo muito de que supera por unha lavadora e iso pra mín é o que fai a un home, home. Non precisamente matar a alguén a hostias.

 O caso é que este asesino tiña unha mente mui calenturienta e non era mui aghraciado, así que como coas mulleres non ligaba muito, deixaba cós maricóns daquel pequeno pueblo lle chuparan a polla. Él non era gay. 

"Cando o Tonio me come o rabo, eu penso que é Miss Mundo", decíame. 

Era un tío mui raro. 

Ós cincuenta e muitos larghos, vivía nunha pequena habitación que era unha cuadra (literal) coa súa familia. Era ighualito co pai. Seino porque un día este, cun anaco dun peluquín na cabeza nivel "ourizo cacheiro con estertores" apuntoume cunha escopeta pra que baixara da fijeira. 

A habitación era un poema, unhas sábenas de Disney, unha fotoghrafía na mesita de noite de cando tivo un puticlub nos 80, erghendo unha copa de Larios rodeado de prostitutas. Parecía mui feliz naquela foto. Pra el foran bos tempos. Tamén me ensinou os papeis que o certificaban como asesino e tódo-los seus tatuajes. Unha rosa dos ventos, un ladrón con camiseta de raias e antifaz cunha bolsa de dólares na man, un Mickey e unha Minnie en ambas pernas e un papá pitufo enorme espetado no lombo. 

Sempre levaba perilla e cando lle preguntabas cando se iba a afeitar, decía:

"Inda me quedan unhas cuantas conas por lamber, logho cando empece a feder xa a cortarei". 

Poucas veces estiven a soas con el. Non me fiaba de todo, porque en calquera momento podíame dar unha hostia e deixarme no sitio. Ainda así mirábao coma a un pobre derghraciado que non era quén de arranxar nada sen sangre polo medio. 

Aghora está preso outra ves. Volveu a asesinar. 
Fai anos que non o miro, pero sempre recordarei que dentro dese corpo de fillo de puta inmundo, había un neno pequeno ó que lle ghustaban muito os Pitufos. E os callos, os callos tamén lle ghustaban.

jueves, 27 de noviembre de 2014

O fijo


Aquel día andaba eu envinajrada a muerte,
así que decidín mandarlle máis vinajre a dolor
e discurrín de achejarme á de Abel pra suministrarme unhas dosis.

Alí taban xa o Pousas, o Pelico e mailo Lambadas, que me ventaron ó vuelo.


-Senta con nós, coma o resto dos homes-dixéronme.


Nisto chejou o Ghose cuns fijos a modo de pincho, extrordinario aquilo.
O Pelico colleu un e empezou a mazalo coma un pulpo enriba da mesa.
Aostiou naquel fijo como se fora un propio fillo.

-¿Qué fas animal?-jritoulle o Pousas-¿pero ti qué lle fas a ese fijo?

-Isto hai que darlle duro pra que estea gugoso-explicou o Pelico democráticamente.

-¡Vota cona! Ajora xa sei porque a túa muller vai con cara de amarjada a todor lados-dixo o Lambadas- Iso non se fai así, iso cóllese así o fijiño, e dáselle un masaje ó redor, suaviño, así, así.-mentras falaba frejaba no fijo como se efectivamente fora a pepitilla da muller do Pelico-ves, ajora colles, ábrelo e pápalo todo.

-Lambadas, ¡me cajo en dios! non fájalo porco co fijo.

-E coa lengua así.-espetou o Lambadas gesticulando ampliamente.

-Mira que o Ghose ten cámaras e injual tache a jrabar ajora unha porno a conta túa.

-¡Ojalá! Oíche Pelico, dille que che dea a jrabación e vai praticando, que non hai nada que me máis me joda na alma que mirar unha muller amarjada.




domingo, 22 de septiembre de 2013

LIEBSTER AWARD


Ladies and Gentlemen:

O meu querido profe, Fernando Llor, que por certo ten un blog chuliño:http://guionistadebarrio.blogspot.com.es/ nominoume a un premio, o liebster award, e haiche unhas prejuntiñas que teño que responder, aproveito ajora que tou borracha:

1.- ¿Cuál es tu personaje de ficción favorito? ¿Por qué?
miña nai, porque me pariu.
2.- ¿Por qué haces lo que haces, es decir qué te motiva?
motívame o mismo ca todo dios que tamén fai a pera
3.- ¿A qué renunciarías por dedicarte a lo que de verdad quieres dedicarte?
se o supera outro jalo cantaría
4.- ¿De qué te arrepientes?
do traxe da primeira comunión
5.- ¿Es más fácil para ti ignorar un problema o enfrentarlo?
o caso é darse conta
6.- ¿Tú también le cortarías el cuello a toda esa gente enganchada al WhatsApp o eres de esos que dicen "es una aplicación muy útil"?
eu son macarra
7.- ¿Sin WiFi eres alguien?
Sí, son Isadora Duncan ou Amelia Earhart, as veces tamén son Dorothy Podberg
8.- ¿Cómo demonios hacen para meter los pimientos en las aceitunas?
Esas son preguntas de puticlub
9.- ¿Cuántas veces has dicho "mañana me pongo" y aún está por hacer?
Eu póñome sempre
10.- ¿Eres adicto al sexo?
Vease pregunta 9
11.- ¿Te caigo un poco peor por haberte nominado?
Imposible

Sólo se vive 1 vez

Rolo chejou coa Minisaia, así lle chamaba el o sin carnet que conducía.
Tiña unhas cortinas espetadas nas ventanas coa foto de varias fulanas sensuales en bikini,
según el, levavaas a pircina no vran, pero hoxe estaban castijadas.

Eu vira fotos del de novo e estaba buenísimo, parecía unha estrella de rock dos anos 60 con melenita lisa e pantalóns de campana, ajora lucía un super bijote que mollaba no tinto con muita precisión.

Estabamos na Tenda do Abel a mandarlle uns chatos, todos homes xa grandeiros e mais eu.

-Rolo, busca unha muller e cásate, así serás tan desjraciado coma nós.
-Non teño presa, inda son novo.
-Vas morrer solteiro, eche unha pena.-Díxolle o Puskas.
-¡A pena é non enviudar!¡Vota pra aquí a botella!

Enchémolas tazas como si no hubiera un mañana.

Apareceu o Ghose con pinchos pra todos, consistían en anacos de salchicha frita envoltos en queso, parece ser que disque tiña nova cociñeira e facía cousas innovadoras.


-¡Que merda é esta! ¿un anaco de pisa do can con mocos o redor?
-Son salchichas-contestou Ghose tranquilamente-probaas que están boas.
-Boa esta miña prima, ¡trae xamón ou chourizo!

O Ghose riu e marchou.

De súpeto o Rolo erjeuse coma un resorte e case vota o viño polo narís, mirou pro almanaque que estaba tras del na parede e empezou a contar os días frenéticamente.


-¡Me cajo en dios! ¿qué día é hoxe?
-Hoxe é 4-Dixo Abilio Buda por detrás do seu bandullo.
-Estamos en setiembre, 5, 6, 7...
-¿Qué andas a ver?
-Isto non me cadra.-Exclamou Rolo nervioso.
-¿Que che pasa Rolo? ¿Non che viu e rejla?-díxenlle eu, que empezaba a escojonarme imajinando que eramos todos unhas cheerleaders de instituto super preocupadas porque unha de nós estaba preñada e iba a perderse la super-final.
-Ta calado ostia estou a ver o cuadrante...


Despois de mover aquel bijote como si le fuera la vida en ello exclamou:


-¡Ah! xa se me parara o corazón, pero non, hoxe libro.


Mandoulle un trago largo e sentido ó viño e pediu outra.


-Rolo, faime caso, cásate.
-Olvídate, como di aquel cantante: sólo se vive 1 vez.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Fusilar a 14


Estábache eu nunha tasquiña en Cumiar a mandarlle unha taza de viño, cando fun testigo dunha conversación que andaba a rozar o surrealismo lógico sobre un fulano que morrera e que quería ser queimado.
A continuación vou a escenificar a charla que mantiveron nai e filla detrás da barra, mentras atendían os clientes con sendos mandiles de última generación.

A nai decía:

-Pero coma o van queimar por dios!
-Porque el dixo que quería que o queimaran.
-Pero dijo eu, e porque non vai pa un nicho coma dior manda home, a min pareceme mal.
-Mamá, se el dixo que cando morrera quería que o queimaran pois hai que facelo que pra iso foi a súa voluntad.
-Ah, mui ben, entón eu cando morra quero que fusilen a 14 e teñen que fusilalos que pra iso foi a miña voluntad tamén, non che parece?
-Tes unhas cousas tamén, como van fusilar a 14! a que 14 ademais?
-Iso inda teño que pensalo. Anda atendelle a Chiña que leva ahí un bo anaco que non sei que che quere.

jueves, 25 de noviembre de 2010

A dona do Sol


Eu conozo o dono do Universo,un bar ó que ía antes de entrar na clase, pero hoxe pola mañán escuitei unha noticia cojonuda, unha gicha de Salvaterra convertiuse ante notario na dona do Sol.

Ángeles Durán, así se chama esta fenómena, dixo que hai un convenio internacional polo cal ningún país pode facerse dono dos planetas, pero que en ningures se di nada das personas así que, como xa hai un fulano americano que se apropiou da maioría dos planetas e da luna, pero como non consta ca ó Sol lle saira dono en toda a historia da humanidade, colleu ela e dixo, ¡chacha, esta é a miña! e foise ó notario a Porriño, sito na urbanización Sol, e dalí saiu co Sol no peto.

Di que se lle da a gana pode cobrar un canon a quen use energía solar, que pra iso é a dona do Sol e que xa llo fixo saber ó Ministerio de Industria.
Isto foi o que se dixo na Voz de Galicia:

"«Si se paga por los ríos, ¿por qué por esto no?». Sea cierto o no, asegura que daría el 50% de los ingresos a los Presupuestos Generales del Estado, el 20% para las pensiones mínimas, un 10% para investigación y sanidad y otro 10% para erradicar el hambre. Quedaría un 10% para su bolsillo. Le faltaría acudir al Registro de la Propiedad para anotarse como propietaria del Sol, pero claro, el registro español no tiene competencias sobre el sistema solar."

Perfecto, penso eu, e de paso así xa temos unha responsable das insolacións, das manchas que nos saen de tomar o Sol, do cancer de pel,etc a quen reclamar por danos e prejuicios.

¡Xa que é a dona, que o prenda!

jueves, 14 de octubre de 2010

Grandes Doblaxes da Galega


Un día glorioso recibín este piaso de correo e quero compartilo.
Ai queda iso:


* "Podo cheirar a tua crica dende eiqui" Dice un preso guarrillo a Jodie Foster cuando entra por primera vez a ver al Haníbal Lecter en El silencio de los corderos.
* "Luck, non poñas o carro diante dos bois" Yoda a Luck Sky Walker en el imperio contraataca, al fracasar levantando el X-Wing
* "Seica estás bébeda Su Elen?" Frase para la posterioridad en Dallas.
* "O Ultimo Grolo Xotaerre" Contestación de la Anterior Frase en Dallas.
* "¿Cómo?¿Fodiches nela?" El coleguita le dice a Michael Douglas en Instinto Básico.
* "Ti ves unha perrecha e poste tolo" El mismo coleguita le dice a Michael Douglas en Instinto Básico.
* "Mete o facho no cú, mono da merda" Charlton Heston se lo dice a un simio en el El planeta de los simios.
* "Escomezamos a mañá cunha tonada de Ana Kiro" Charlie Sheen en Hot Shots 2 a punto de caer inconsciente por un golpe en la cabeza.
* "Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas" Harvey Keitel a los matones de Pulp Fiction.
* ' A rañala, raparigo' El mítico 'Sayonara Baby' de Terminator, versión 'jalisia profunda'.
* "Para vencer a Austin Powers temoslle que lle roubar o seu...mollo" El Doutor Maligno, junto con su Minieu, conspirando para robarle el mojo a Austin Powers.
* "Vou facerme medieval co teu cú" Frase inolvidable de Pulp Fiction.
* "¿Gustaríache comerme a perrecha?" Juliette Lewis a Tarantino en una inolvidable escena de Abierto hasta el amanecer, en cojunto, una de las mejores adaptaciones del guión al gallego de todos los tiempos.
* "És un pimpín Son Goku" El super guerrero Vexeta a su super enemigo Son Goku.
* "Voute esnaquizar verme noxento" Los malos a Son Goku Bolas del dragón.
* "Fillo do porco, marrán seguro" Sean Penn consigue un énfasis inédito en el equivalente de : 'de tal palo, tal astilla' en Mystic River.
* ¡¡Pensei que ía pras patacas!! Sylvester Stallone a Sandra Bullock en Demolition man (O demoledor) al tener un accidente en un coche y pensar que se mataba.
* "Detesto a miña pixa" Un paciente de la serie Nip /tuck (traducida inteligentemente al gallego como Quita e Pon) se queja del tamaño de su pene.
* ¡Hey ti!, ¿estás a foder na miña irmá?: Pregunta que le hace el hermano de la novia de Rocky a Sylvester Stallone en Rocky 1. Sin comentarios.
* ¡Terma Chiwi, que escorregho!: Han Solo a Chewaka cuando el primero se resbala por el ala del Halcón Milenario.
* "E ti ris. FURABOLOS!!": Han Solo a Chewaka cuando Leia le da calabazas.
* "Isto non che é como peneirar, meu!!": Han Solo a Luke cuando éste le pregunta por qué tarda tanto en entrar en el hiperespacio.
* ¡¡Meu día, meu día!!: A un piloto americano le pegan un zambombazo en al avión en una película sobre la Segunda Guerra Mundial. La traducción literal/literaria de la señal de socorro Mayday al gallego no podía ser más acertada.
* "Roncalle o carallo": Tony Montana a Many en 'El precio del poder'(quería decir 'hay que joderse')
* "El é o MESIAS": Frase de un tal Morfeo refiriendose a Neo.
* "Entras nun urinario público, poste a falar cun moscovita, e cando rematas de abanea-la pirola, amas esa cidade": Sean Connery en ' La casa Rusia' (cualquier comentario sobra)
* "Francamente querida impórtacheme un carallo": Rhett Butler a Scarlett O'Hara, al despedirse de élla en 'Lo que el viento se llevó' traducción de 'Francamente querida eso no me importa'.
* "Quero que protexas esa porta como se fose a perrecha da túa irmá": Steven Seagal dando instrucciones a un compañero de aventuras.

jueves, 16 de septiembre de 2010

Conversacións coa miña nai


Cadroume un día de estar a mirar unha peli de "acción", como lle chama miña nai, desas tipo porno, e apareceu Madre na cociña.
Quedamos as dúas un bo anaco mirando as evolucións sexuales daqueles fenómenos e comentando un pouco o argumento:

-¡Que gimnasia teñen esas raparijas nese corpo!-dixo miña nai claramente impresionada
-Non me extraña
-Iso ten que ser bo po colesterol.
-E pro ácido úrico.

Nun momento dado chegou o turno do típico número das dúas fulanas que se enrollan.

-Mira esas dúas platilleras-calificou miña nai
-¿cómo lle chamaches?
-Ti non te enteras de nada miña filla, esas chámanse platilleras,libianas-aclarou finalmente.
-Joder, pois si que estás ti posta.
-¿Ti que pensas, que túa nai naceu onte? e mira agora xa están cun macho, entón deben de ser desas bisuales que tanto lles da arre que so.
-¡Mira, mira, agora están dous fulanos dándolle!¿Non é maravilloso?
-Eses homes son sesuales-a esas alturas Madre era xa toda unha eminencia na materia.
-¡E agora todos xuntos!-aplaudin entusiasmada.
-¡Isto e unha pinada de cans! pon o luar.

viernes, 6 de agosto de 2010

Voltas de campana



O día que meu pai, miña irmán e eu nos aostiamos co coche , eu non levaba o cinto posto.

Miña nai xa me dixera:

-Fala co teu pai, que leva toda a semana a durmir pouco e anda achouchado.

Eu miraba pra el, pero non podía dicir que estivese mais despistado do normal.
Tiñamos que recordarlle a miúdo como nos chamábamos cada un dos seus fillos, xa que se non chamábanos a todos Mari.

Aquel día eu levaba o meu "wakaman", como dicía miña nai, e os cascos espetados nos oídos coa música de Jeff Buckley a todo tren.

Acompañaba a meu pai á estación a recoller a miña irmán, Mari, e eu dáballe corda pra que non quedase a durmir ó volante, non estaba mui segura de que estivera desperto de todos xeitos, porque meu pai ten os ollos pequerrichiños de cuidao.

Chegamos a estación e miña irmán chegara cun feixe de maletas que puxemos por todas partes, xa que o maleteiro estaba cheo de latas de aceite e fundas do choio.

Mari sentouse atrás.
Díxenlle que tiñamos que darlle leria o vello porque senón se nos iba.
Fixemos todo o camiño de volta pola autovía sin co meu pai dera señales de estar comatoso.

Cando chegamos a nosa salida, eu fixen unha cousa que nunca fago, quitei o cinto.

Empezamos a colle-la curva que leva a Taboexa, recordo que lle fixen unha pregunta ó meu pai pra comprobar que estaba desperto, total agora xa quedaban 100 metros pra chegar ó eido, el respondeume perfectamente, incluso con lógica.

Acto seguido estabamos dando voltas de campana.

Volcamos e eu din tumbos por todo o coche, quedei no techo debaixo dunha das maletas da miña irmán.

De pronto, silencio.
-¿Estades todos ben?-preguntei.
-Si...-dixo miña irmán, tembláballe a voz
-¿Onde estamos?-dixo meu pai.

Cojonudo, pensei, están todos vivos.


Dinme conta de que non podía mover as pernas, daquela miña irmán xa estaba gritando nerviosa fora do coche a lágrima viva.

Meu pai tamén saíra.

Eu pensaba "como Mari se entere de que non me podo mover dalle algo"

-¿Onde está May?-gritaba miña irmán.
-¿E túa nai?-contestou meu pai como se estiveran a xogar as adiviñanzas rimadas.
-Estou ben-dixen desde dentro do Saxo-xa vou pra fora agora dentro dun pouco, estou buscando as pilas do walkman.

Na fase de histeria da miña irmán non había sitio pra a lógica, así que colleu, agarroume polos ombros e sacoume a rastras do coche por unha ventanilla.

Perfecto, pensei, agora si que quedei tolleita de todo.

Quedei alí tirada no chan coma un mallo.

-¿Por qué non te levantas May?¿qué che pasa?-miña irmán estaba ó borde dun colapso.
-Aquí estou ben-dixenlle rindo-estase ben no piche, proba.
-Non, a ti pásache algo...¿non podes andar? ¡Díos mío quedache paralítica!
-¿Quen está paralítica?-quixo saber o meu pai.
-¡Que va! que estou cojonudamente aquí.
-¡Papá, axúdame a levantala!

Alá vai,calculei, a Mari vaille dar un ataque.

Efectivamente, en canto me ergueron e me soltaron volvín cair o chan,non podía estar de pé, miña irmán choraba, meu pai preguntaba se inda estábamos no Alcampo e eu ría.

Así estabamos cando parou un coche e despois de falar con nós pra ver como andábamos ofreceuse a levar á miña irmán á casa.

Quedamos eu e meu pai, eu arrastreime hasta unha pedra, trepei por ela e conseguín sentarme.

Meu pai inspeccionaba o coche.

-¡Joder!-dixo dalí a un pouco-o asiento do acompañante quedou esmagado entre a porta e o parabrisas completamente, o que fora aí sentado debeu quedar no sitio instantáneo.
-Papá, aí iba eu.-entón pensei que me salvara por quitar o cinto precisamente.

Nese momento deixei de crer nos anuncios da DGT.

-¿E que facías ti neste coche?¿con quen ibas?
-Co Rei de España, papá.

Entón chegou o señor que nos socorrera, meus irmáns, uns veciños e unha señora que parecía un tifón, bramando como unha tola e a quen nós chamábamos mamá.

Non sei cómo pasou, pero en canto mirei a miña nai, púxenme de pé e dediqueime a buscar as putas pilas.

viernes, 18 de junio de 2010

Volare




Miña nai sempre tivo unhas máns grandísimas, coma ourellas de elefante, todo nela é grande.

Por exemplo, decía que se algún día ó cura lle fallase o púlpito, podería colocar as sagradas escrituras no seu peito que a Biblia non ian cair o chan.

Tamén decía que se algún cura se atrevese a facer tal cousa, enterraríalle os dentes na garganta.

Así de grande é a miña nai.

Pero vamos as máns.

Cando eu era pequena, recordo que no pasillo que separaba a cociña de lareira da sala onde dormíamos todos,
había un cadro colgado.
Por muito que mirara pra riba, non era capás de ver que había alí dibuxado.

Hasta un día glorioso.

Non sei que mal faría eu, calquer cousa, pero estando na cociña, tería eu catro anos, recibín tal lambisque das poderosas máns da miña nai, que literalmente, voei da cociña á sala, pasando a media altura polo pasillo.
Entón, vislumbrei ilusionada o dibuxo do cadro que nunca fora capás de ver.

¡Era Topoyiyo nun coche descapotable!

Quedamos un tris mirando un pro outro, aquelas orellas, os dentiños, ¡soríame Topoyiyo!.

Imaxinei que marchaba con el no descapotable a rillar queixo por aí adiante.

¡Foi unha Epifanía, unha aparición, unha gloria!

Aterricei na sala, de quilla, cunha sonrisa que me dura hasta hoxe.

miércoles, 9 de junio de 2010

Lativos



-Cuando quiera referirse usted a mí, haga el favor de utilizar unicamente los superlativos.
-Sí, Señor.
-¿Queda claro?
-Sí, Señor. Entonces supongo que usted se referirá a mí usando sólo los lativos.
-¿Cómo dice?
-Pues que al ser usted un ser superior y yo por el contrario sólo un ser, sería necesario eliminar el "super" de usted hacia mí en nuestro tratamiento diario, Señor.
-¡Haga ahora mismo el favor de explicarme que cojones es un lativo o tendré que explicarle yo a usted en que consiste una lavativa!

viernes, 27 de febrero de 2009

O que lle dixo unha avóa á súa neta, chegando á beiriña dun camiño




-¡Ai miña filla, cando era do teu tempo, muito pinei eu ahí!

miércoles, 25 de febrero de 2009

As Cabras na Corte


Cando chejei ó eido, mirei que había rebumbio na corte.

Funche alá e aquelas cabras xa andaban a rillar nas paredes, "¡Me cajo no rapás de dios!, apóstoche a que non levou ás cabras ó monte"

Efectivamente, alá me entro pola cociña pra dentro e atopeino todo tranquilo, co pitillo na boca coma un marqués.


-"¡Mui bonito!, as cabras na corte e o señorito coa Plei"
(Boullosa)

"O Fillo Jaye"


- El andábache oprimido, sen jana, enxoujado.

-¿Entón que tiña?

-Pois levámolo ó médico, e disque era "jaye".

-¿U qué?

-"Jaye", deses que lle justan os homes.

-¡Cánto vicio hai!

-Mándamolo de vacacións a Portujal, pra ver se lle pasaba.

-¿E pasoulle?

-Volveu pior ca estaba.
(Boullosa)

viernes, 20 de febrero de 2009

"Anétodas"


"¿Meu fillo?, ¡meu fillo lee muito, leeche ó Marca todo-lor días!"
(Boullosa)

jueves, 19 de febrero de 2009

Dormila-mona


Certo día, un rapás da parroquia, que andaba bastante mamado por outro lado, botouse a dormi-la mona na beiriña da carretera que pasa polo teleclub.

Era un viernes pola noite e andábamos todos de farra.

Cando os compañeiros se deron de conta de que había un fulano deitado no chan, borracho perdido, e que ademais era da parroquia, tomaron cartas no asunto, xa que era un peligro que estivera tirado na carretera naquela oscuridade.

Meu dito, meu feito, plantaronlle duas sinais triangulares de peligro chulísimas, unha nos pés e outra na cachimonia, pra que os conductores, potencialmente mamados tamén, miraran aquel bulto señalizado correctamente, e non houbera unha desgracia.
- "O caso é non levar un jolpe"-decía O Chilo.

Cando ó rapás despertou do seu magnífico sono, mandoulle unha patada os triangulos, porque se asustara deles, "Aquilo metíase nun",declarou lojo no bar, e marchou a interrumpi-lo tráfico pra outro lado.

miércoles, 18 de febrero de 2009

HUNTER THOMPSON


Acabo de empezar a ler a Hunter thompson, Medo e Asco nas Vegas, e non paren de rir inda.

recordame a historia daquel fulano que tivo unha hostia totalmente "drojado" e rachou a cabeza, entón puxo unha venda ao redor dela e dedicouse a pasear pola autovía, coma se fose un marajá, e saudaba a todo o mundo graciosamente, ata que o detivo a policia.