viernes, 31 de diciembre de 2021

Mateino cas miñas mans

As veces e por circunstancias da vida conoces a xente a quen nunca lle falarías, e esta entra no teu círculo de "amistades" sen que te deas de cuenta. 
Cando tiña dezasete anos conocín a un asesino. 
Era un home xa maior que botara catorce anos en Monterroso por matar a un compañeiro de traballo.

 "Mateino cas miñas mans", decíame e eu non sentía medo. 

Aquel home que sempre fedía a callos parecíame a cousa máis indefensa do mundo. 
Dudo muito de que supera por unha lavadora e iso pra mín é o que fai a un home, home. Non precisamente matar a alguén a hostias.

 O caso é que este asesino tiña unha mente mui calenturienta e non era mui aghraciado, así que como coas mulleres non ligaba muito, deixaba cós maricóns daquel pequeno pueblo lle chuparan a polla. Él non era gay. 

"Cando o Tonio me come o rabo, eu penso que é Miss Mundo", decíame. 

Era un tío mui raro. 

Ós cincuenta e muitos larghos, vivía nunha pequena habitación que era unha cuadra (literal) coa súa familia. Era ighualito co pai. Seino porque un día este, cun anaco dun peluquín na cabeza nivel "ourizo cacheiro con estertores" apuntoume cunha escopeta pra que baixara da fijeira. 

A habitación era un poema, unhas sábenas de Disney, unha fotoghrafía na mesita de noite de cando tivo un puticlub nos 80, erghendo unha copa de Larios rodeado de prostitutas. Parecía mui feliz naquela foto. Pra el foran bos tempos. Tamén me ensinou os papeis que o certificaban como asesino e tódo-los seus tatuajes. Unha rosa dos ventos, un ladrón con camiseta de raias e antifaz cunha bolsa de dólares na man, un Mickey e unha Minnie en ambas pernas e un papá pitufo enorme espetado no lombo. 

Sempre levaba perilla e cando lle preguntabas cando se iba a afeitar, decía:

"Inda me quedan unhas cuantas conas por lamber, logho cando empece a feder xa a cortarei". 

Poucas veces estiven a soas con el. Non me fiaba de todo, porque en calquera momento podíame dar unha hostia e deixarme no sitio. Ainda así mirábao coma a un pobre derghraciado que non era quén de arranxar nada sen sangre polo medio. 

Aghora está preso outra ves. Volveu a asesinar. 
Fai anos que non o miro, pero sempre recordarei que dentro dese corpo de fillo de puta inmundo, había un neno pequeno ó que lle ghustaban muito os Pitufos. E os callos, os callos tamén lle ghustaban.

No hay comentarios:

Publicar un comentario